Balenciaga é unha firma de moda de luxo, fundada polo estilista vasco Cristóbal Balenciaga, hoxe en día pertencente á multinacional francesa Kering.
Ten a súa orixe en 1919, cando Cristóbal Balenciaga abriu a súa primeira casa de costura en Donostia. Co estalido da Guerra civil española mudouse para París en 1937, estabelecendo alí a súa residencia. Balenciaga converteuse nun dos mais activos deseñadores de moda do século XX, sendo o responsable de deseñar pezas de roupa que se tornarán en bases da moda contemporánea, coma o vestido baby doll, o vestido túnica e o vestido saco. O seu estilo, de liñas depuradas, novas formas e enfocado nos materiais, así como o virtuosismo das técnicas de costura fixeran del un dos mais recoñecidos e influentes costureiros, admirado tanto polos clientes coma polos seus compañeiros de profesión.
Directores creativos
Cristóbal Balenciaga – 1919 a 1968 Michel Goma – 1987 a 1992 Josephus Thimister – 1992 a 1997 Nicolas Ghesquière – 1997 a 2012 Alexander Wang – 2012 a 2015 Demna Gvasalia – dende 2015
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina oficial de Balenciaga (en castelán) Museo de Cristóbal Balenciaga en Getaria
Categoría:Empresas téxtiles Categoría:Empresas de Francia