Durante a tempada 2018–19 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División (afrontando a súa 40.ª campaña na categoría de prata), logrando o sexto posto e o dereito a xogar a eliminatoria de ascenso a Primeira División, onde caeu na segunda eliminatoria fronte o RCD Mallorca. Tamén competiu na Copa do Rei, onde caeu na segunda eliminatoria fronte o Real Zaragoza.

Resumo da tempada Maio O 23 de maio o club anunciou a primeira incorporación para a tempada 2018–19. O gardameta vigués Dani Giménez, procedente do Real Betis, firmou por dúas campañas.

O 25 de maio anunciouse o traspaso do dianteiro romanés Florin Andone ao Brighton & Hove Albion F.C. inglés. A operación cifrouse en 6 millóns de euros.

O 28 de maio o club anunciou que o adestrador do Deportivo Fabril, o uruguaio Gustavo Munúa, non continuará á fronte do filial a vindeira campaña. 

O 29 de maio iniciáronse as obras de substitución das cubertas do estadio de Riazor, anunciadas en 2017, cun investimento próximo aos 7,2 millóns de euros.

Xuño O 15 de xuño o club anunciou contratación do técnico coruñés Tito Ramallo para o Deportivo Fabril, procedente do CCD Cerceda. Ramallo xa fora o adestrador do filial entre 2001 e 2012, e contará con Manuel Pablo como segundo adestrador. Horas máis tarde anunciouse un acordo co adestrador vasco Natxo González (técnico do Real Zaragoza), para facerse cargo do primeiro equipo durante unha campaña, con opción a outra. Foi presentado o 20 de xuño.

Ese mesmo día anunciouse o traspaso do defensa portugués Luisinho Correia ao SD Huesca, sendo o terceiro xogador en abandonar a disciplina branquiazul. Firma por dous anos co club aragonés, logo de cinco temporadas como xogador deportivista. Máis tarde anunciouse a fichaxe do defensor arxentino Sebastián Dubarbier, procedente do Estudiantes de La Plata.

O 16 de xuño o club anunciou a reincorporación do mediocampista coruñés Álex Bergantiños, cedido o ano anterior no Sporting de Gijón.

O 28 de xuño anunciouse a incorporación do centrocampista valenciano Pedro Sánchez, procedente do Granada CF e firmando por dous anos. Chegou libre tras non renovar co seu anterior club. Horas máis tarde informouse da contratación de Yvan Castillo como adestrador de porteiros, procedente do Reus Deportiu.

Ese mesmo día o club anunciou a fichaxe do dianteiro venezolano Christian Santos, procendente do Deportivo Alavés e firmando por dúas tempadas con opción a unha terceira. Chega libre tras desvincularse do seu anterior club.

Xullo O 1 de xullo anunciouse a incorporación do defensa valenciano Pablo Marí, cedido por unha campaña polo Manchester City F.C.

O 2 de xullo o club comunicou a contratación de Ángel Becerra como novo secretario técnico do Deportivo, procedente do Extremadura UD onde foi director deportivo.

O 7 de xullo anunciouse unha nova cesión do defensa oleirense Róber Pier, que xogará unha campaña máis no Levante UD.

O 10 de xullo o club lamentou o pasamento do centrocampista andaluz Manuel Castillo, xogador branquiazul tempada 1974–75, a única en Terceira División do Deportivo.

O 14 de xullo anunciouse a fichaxe do dianteiro uruguaio Guillermo May, procedente do Nacional de Montevideo, para xogar no Deportivo Fabril, cun contrato por dous anos con opción a outros dous.

O 17 de xullo o FC Girondins de Bordeaux oficializou o traspaso do dianteiro uruguaio Diego Rolan ao Deportivo. O montante da operación estimouse en 5,5 millóns de euros. Días despois anunciouse a súa saída, cedido ao CD Leganés.

O 24 de xullo de 2018 o club anunciou a fichaxe do gardameta alacantino Adrián Ortolá, cedido por unha campaña polo FC Barcelona con opción de compra.

Agosto O 16 de agosto o club anunciou o traspaso do mediocampista costarriqueño Celso Borges ao Göztepe SK de Turquía. A operación pechouse entre 1,3 e 1,5 millóns de euros. Ese mesmo día anunciouse a contratación do centrocampista colombiano Didier Moreno, procedente do Independiente Medellín, cedido por unha campaña con opción de compra. Foi presentado en Abegondo uns días máis tarde.

O 17 de agosto o club anunciou a fichaxe do centrocampista canario Vicente Gómez, procedente do UD Las Palmas, por tres temporadas. A operación pechouse nunha cantidade superior ao medio millón de euros. Horas máis tarde anunciouse o traspaso do mediocampista brasileiro Guilherme dos Santos ao Olympiacos F.C. grego. O montante da operación estivo próximo aos 2,5 millóns de euros.

O 22 de agosto anunciouse a incorporación do defensa italiano Michele Somma, procedente do SSC Bari, cun contrato por dúas tempadas. Foi presentado días máis tarde.

O 24 de agosto o club anunciou a renovación do porteiro nixeriano Francis Uzoho por tres temporadas, así como a súa saída en calidade de cedido ao Elche CF, de Segunda División.

O 30 de agosto anunciouse a fichaxe do dianteiro sevillano Carlos Fernández, procedente do Sevilla FC, cedido por unha campaña.

O 31 de agosto anunciouse a rescisión do contrato do porteiro Przemysław Tytoń.

Setembro O 1 de setembro o club anunciou a cesión do defensa Raúl Albentosa ao Gimnàstic de Tarragona, de Segunda División, durante unha campaña.

Outubro O 22 de outubro o club anunciou a rescisión do contrato do adestrador do Deportivo Fabril Tito Ramallo, logo dunha vitoria, un empate e sete derrotas. Un día máis tarde anunciouse o seu substituto, o técnico castellonenco Sergio Pellicer, procedente do corpo técnico do Málaga CF.

O 23 de outubro o club anunciou a convocatoria a xunta xeral ordinaria e extraordinaria de accionistas, para o 27 de novembro (en primeira convocatoria) e 28 de novembro (en segunda), coa fin de aprobar as contas da pasada campaña.

Novembro O 14 de novembro disputouse a 73.ª edición do Trofeo Teresa Herrera, adiado desde o verán pola reforma das cubertas de Riazor. O partido enfrontou o Deportivo co Athletic Club e rematou en empate (2–2), levando este último o trofeo logo da quenda de penaltis. Horas antes disputouse a final feminina, tamén entre o Deportivo da Coruña e o Athletic Club, que se impuxo por un gol ás coruñesas, logrando o título por segundo ano consecutivo.

Xaneiro O 15 de xaneiro anunciouse a cesión do defensa do filial Diego Villares ao Racing Vilalbés, de Terceira División, até o remate da actual campaña. Horas máis tardes o club anunciou igualmente a saída do defensa catalán Gerard Valentín (que tan só disputou un partido de liga) ao CD Lugo, cedido até o final da temporada.

O 16 de xaneiro anunciouse a chegada do defensa canario Carlos Ramírez "Leto" como reforzo para o Deportivo Fabril, procedente do Lleida Esportiu até o final da temporada.

O 21 de xaneiro o club anunciou a fichaxe para o equipo filial do defensa gaditano Juanmi Carrión, cedido polo UD Melilla até o final da campaña.

O 23 de xaneiro anunciouse a rescisión do contrato do defensa coruñés do equipo filial, Blas Alonso. Horas máis tarde anunciouse a súa fichaxe polo Unionistas de Salamanca, equipo da Segunda División B, até o final da temporada. Ese mesmo día o club anunciou a rescisión do contrato do defensa valenciano Raúl Albentosa, cedido a primeira parte da campaña no Gimnàstic de Tarragona.

O 30 de xaneiro o club anunciou o traspaso do centrocampista valenciano Carles Gil, que marcha á liga norteamericana para xogar no New England Revolution. A operación estimouse nun millón e medio de euros.

O 31 de xaneiro o Deportivo anunciou dúas incorporacións. En primeiro lugar, o centrocampista arxentino Nahuel Leiva, cedido até o final da temporada polo Olympiacos F.C. Máis tarde anunciouse a fichaxe do veterano defensa rioxano Íñigo López, procedente do Extremadura UD, firmando até o remate da campaña. Ese mesmo día anunciouse unha nova cesión para o porteiro nixeriano Francis Uzoho, que finaliza o seu paso polo Elche CF e marcha até o remate da temporada ao Anorthosis Famagusta FC chipriota.

Febreiro O 4 de febreiro o club anunciou a destitución de mutuo acordo do adestrador do Deportivo Fabril, o castellonenco Sergio Pellicer, co equipo como último clasificado a 11 puntos da permanencia. Minutos máis tarde anunciouse que o seu substituto sería o teense Luisito, até o final da temporada.

Marzo O 5 de marzo anunciouse a fichaxe do centrocampista portugués Vítor Silva, a proba xa desde mediados de febreiro, procedente do CF Reus, firmando polo que resta da tempada. Foi presentado uns días máis tarde.

Abril O 7 de abril foi destituído o adestrador Natxo González, logo dunha derrota en Riazor fronte o Rayo Majadahonda (0–2). A súa bagaxe foi de 13 vitorias, 15 empates e 5 derrotas. Un día máis tarde anunciouse a contratación de José Luis Martí, firmando polo que resta da tempada e unha máis en caso de ascenso.

O 14 de abril o Deportivo Fabril descendeu matematicamente a Terceira División, tras perder contra o Atlético de Madrid B (0–2) en Abegondo, a falta de 6 xornadas para rematar o campionato.

O 15 de abril o defensa pontés Quique Fornos desvinculouse do Deportivo Fabril para firmar polo Racing de Ferrol.

O 22 de abril, tras a derrota en Riazor fronte o Extremadura UD (1–2) no día anterior, o Consello de Administración anunciou a súa dimisión. Días máis tarde anunciouse convocatoria para Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas para o 27 e 28 de maio (en primeira e segunda convocatoria), onde sairá elixido o novo Consello de Administración.

Maio O 28 de maio, en segunda convocatoria da Xunta Extraordinaria de Accionistas, saíu elixida a candidatura de Paco Zas para presidir o club, acompañado polos conselleiros Juan Manuel Sánchez Padrós, Jorge Borrajo Dios, Alberto Méndez Rodríguez, Jesús Chapela Rey e Pablo Ruiz Cuadrado. Convértese así no 43.º presidente do Deportivo da Coruña.

O 31 de maio o canteirán coruñés do equipo filial Jorge Valín renovou o seu contrato por dúas temporadas con opción de ampliación, sendo este o primeiro movemento da nova directiva branquiazul.

Xuño O 1 de xuño a Liga de Fútbol Profesional anunciou o adiamento dos encontros da 41.ª xornada debido ao falecemento de José Antonio Reyes, xogador do Extremadura UD, para o martes 4 de xuño.

O 21 de xuño o club anunciou a continuidade por unha campaña máis do técnico do filial, o teense Luisito, de cara a seguinte campaña do Deportivo Fabril tras o descenso a Terceira División.

Material deportivo O equipamento do Deportivo é proporcionado por Macron e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.

Persoal Corpo técnico Cargo Nome Adestrador José Luis Martí 2.º adestrador Fabián Rivero Ad. axudante Alejandro Esteve Ad. de porteiros Yván CastilloPrep. físicos Julio Hernando Moisés de Hoyo José Ángel Franganillo Analista David Sánchez

Consello de administración Cargo Nome Presidente Paco ZasConselleiros Jorge Borrajo Jesús Chapela Alberto Méndez Pablo Ruiz Juan Manuel Sánchez-Padrós Última actualización: 28 de maio de 2019 Fonte: Corpo técnico, Consello de administración

Mercado de fichaxes Altas DataPos.NomeProcedenciaPrezo23 de maio de 2018POR Dani Giménez BetisLibre15 de xuño de 2018DEF Sebastián Dubarbier Estudiantes de La PlataLibre16 de xuño de 2018MED Álex Bergantiños Sporting de GijónFin cesión28 de xuño de 2018MED Pedro Sánchez GranadaLibreDIA Christian Santos AlavésLibre1 de xullo de 2018DEF Pablo Marí Manchester CityCesión17 de xullo de 2018DIA Diego Rolan Girondins de Bordeaux5.500.000 €24 de xullo de 2018POR Adrián Ortolá BarcelonaCesión16 de agosto de 2018MED Didier Moreno Independiente MedellínCesión17 de agosto de 2018MED Vicente Gómez Las Palmas500.000 €22 de agosto de 2018DEF Michele Somma BariLibre30 de agosto de 2018DIA Carlos Fernández SevillaCesión31 de xaneiro de 2019MED Nahuel Leiva OlympiacosCesiónDEF Íñigo López ExtremaduraLibre5 de marzo de 2019MED Vítor Silva ReusLibre

Baixas