O voo 624 de Air Canada era un voo doméstico regular de pasaxeiros entre o aeroporto de Toronto-Pearson e o aeroporto de Halifax. O día 29 de marzo de 2015, durante unha forte nevarada cunhas pobres condicións de visibilidade, o Airbus A320-211 que operaba a ruta tomou terra antes de chegar á pista quedando seriamente danado. O accidente deixou ao aeroporto sen enerxía eléctrica e tivo que pechado durante un tempo. 26 persoas resultaron feridas.
O 2 de abril de 2015 Air Canada enviou pagos de 5 000 dólares canadenses a todos os pasaxeiros do voo. En relación co incidente presentouse unha demanda colectiva.
Avión O aparello era un Airbus A320-211, con rexistro C-FTJP, equipado con dous motores CFM56-5A1. O seu número de serie era o 233 e realizara o seu primeiro voo o 10 de xullo de 1991. Era propiedade de GECAS e estaba arrendado a Air Canada. Como resultado do accidente o aparello foi dado de baixa.
Accidente O voo 624 de Air Canada partiu do aeroporto de Toronto-Pearson cara ao aeroporto de Halifax-Stanfield con 133 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo. O Airbus A320 que realizaba o voo impactou contra o chan 225 antes do limiar da pista 05, que non tiña equipamento para aterraxes de precisión, chocando contra un conxunto de antenas ILS-LOC que fixo que o tren de aterraxe se separase do avión, e golpeando unha liña eléctrica que cortou a subministración de enerxía ao aeroporto que quedou sen electricidade durante uns 90 minutos. Despois o avión subiu un barranco ata o nivel da pista, esvarou sobre a súa barriga e detívose a 570 metros do limiar.
O avión quedou seriamente danado, perdendo todo o tren de aterraxe e o motor de babor. As ás e os estabilizadores tamén resultaron danados. Ámbolos dous pilotos, 23 pasaxeiros e un asistende de voo tiveron que ser levados ao hospital, aínda que ningunha das feridas foi potencialmente mortal, e todos os ingresados agás un foron dados de alta no mesmo día. A meteoroloxía no momento do accidente foi descrita como "treboenta".
Investigación O accidente foi investigado pola Xunta de Seguridae no Transporte (TSB). A TSB dixo que non houbera fallos mecánicos ou de mantemento no avión. Tres investigadores da Oficina de Investigación e Análise para a Seguridade da Aviación Civil francesa (BEA) e dous asesores técnicos de Airbus viaxaron ao Canadá para participar na investigación.
O informe final foi publicado en maio de 2017, atopando os procedementos da tripulación de Air Canada como a principal causa do accidente.
Notas
Air Canada 0624 Air Canada Air Canada