miniatura|dereita|SERGAS|240x240px miniatura|dereita|Hospital Provincial, hoxe Hospital Médico Cirúrxico de Conxo.|240x240px miniatura|dereita|Hospital Psiquiátrico de Conxo.|240x240px
O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) pertence á rede galega do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Está constituído polos catro centros de asistencia sanitaria especializada, docencia e investigación en Ciencias da Saúde, situados na cidade de Santiago de Compostela.
Hospitais integrantes e funcións Os hospitais que integran o Complexo son:USC. CHUS. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, situado na travesa da Choupana, s/n. Hospital Gil Casares, a carón do anterior, na travesa da Choupana, s/n. Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, localizado na rúa Ramón Baltar, s/n, da parroquia de Conxo. Antigamente coñecido como "Hospital Provincial", dependente daquela da Deputación Provincial da Coruña. Hospital Psiquiátrico de Conxo, que se encontra tamén na parroquia de Conxo, na praza Martín Herrera, nº 2. Antigamente coñecido como "Manicomio de Conxo", propiedade da arquidiocese de Santiago.
O Decreto 71/1993 do 18 de marzo da Xunta de Galicia,Decreto 71/1993, do 18 de marzo, polo que se establecen os órganos de dirección da asistencia especializada da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e se determinan as súas funcións. sinala que a súa creación obedece á necesidade de lograr unha maior rapidez e eficiencia na resposta aos problemas de saúde, a través da coordinación entre os centros e as múltiples unidades organizativas. A vantaxe en xestión obtense da actuación dos hospitais e servizos como un conxunto.
Funcións da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela As funcións da Xerencia Xeral do CHUS son as seguintes: A representación do Complexo. Coordinar a programación, dirección, avaliación e control dos plans de actividade económicos e de organización da estrutura integrada baixo a superior dirección do Servizo Galego de Saúde. Propoñerlle ao Servizo Galego de Saúde as adaptacións organizativas que resulten procedentes e os acordos que, en relación a outras institucións ou sociedades, poidan convir ao mellor funcionamento do Complexo. Elevar informes periódicos e memoria de xestión que o Servizo Galego de Saúde considere oportunos. Cantas outras funcións lle sexan delegadas polos órganos competentes.
Relación do Hospital Clínico de Santiago coa Facultade de Medicina O Hospital Clínico de Santiago ten unha antiga e estreita unión coa Facultade de Medicina, e unha gran tradición na formación de profesionais médicos. A capacidade docente e investigadora do Complexo, acorde cun alto nivel de especialización, aválano como un centro de referencia de Galicia e do resto do territorio de España.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos SERGAS Facultade de Medicina de Santiago de Compostela Área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza
Ligazóns externas Páxina web do CHUS
Categoría:Hospitais de Galicia Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela Categoría:SERGAS