Miguel Mosquera Fociños, coñecido como Miguel Mosqueira, nado en Lalín en 1982,"O problema do rock en galego é a promoción" en La Voz de Galicia, 16-3-2012, p. L2. é un filólogo, profesor e músico galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de Lingua e literatura galega no ensino medio. Foi un dos fundadores e é guitarrista do grupo Ataque Escampe. En 2007 gañou a terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo polo artigo "Obreiras, tolos, escolares, poetas. A lingua galega nas cidades"."Miguel Mosquera Fociños e Séchu Sende gañan a terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo", Literactúa, 11 de maio de 2007.

Obras Sira e o robot. Adventures on Titan (con Mark Wiersma), 2015. Relatos americanos (con Roi Vidal e Samuel Solleiro), 2015, Ataque Escampe. Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ataque Escampe

Categoría:Ataque Escampe Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Lalín

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes