Loris Sven Karius, nado en Biberach an der Riss, Alemaña o 22 de xuño de 1993, é un futbolista alemán que xoga como porteiro. O seu club dende 2018 é o Beşiktaş JK, onde xoga cedido polo Liverpool FC da Premier League.

Traxectoria Karius comezou a xogar ó fútbol na SG Mettenberg e uniuse en 2001 ás categorías inferiores do SSV Ulm 1846 Fußball. En xullo de 2005 trasladouse á canteira do VfB Stuttgart. En xullo de 2009 saíu da Sub-17 de VfB e trasladouse a Inglaterra para a Sub-18 do Manchester City Football Club.

Karius xogou o seu primeiro partido con reserva do Manchester City, contra a reserva do Wigan Athletic, o 13 de abril de 2010.

Mainz 05 En agosto de 2011 Loris foi cedido polo 1. FSV Mainz 05. o 22 de xaneiro de 2012 Karius foi nomeado por primeira vez no partido do xuvenil, contra o Bayer 04 Leverkusen, pero non entrou ó campo de xogo.

Na tempada 2012/13 foi segundo porteiro despois da perda por lesión de Heinz Müller, detrás de Christian Wetklo. Despois da expulsión de Wetklo o 1 de decembro de 2012, no partido contra o Hannover 96 (2-1) Karius entrou dende o banco no minuto 52 e debutou na portaría do primeiro equipo do Mainz. Nos anos seguintes foi o porteiro titular.

O contrato de Loris con Mainz 05 estendeuse até 2018.

Liverpool F.C. O 24 de maio de 2016, foi presentado como novo reforzo para a portaría do Liverpool Football Club. Foi titular no equipo que xogou a final da Champions League 2018 celebrada en Kíiv, onde encaixou 3 goles na derrota do Liverpool contra o Real Madrid.

Selección nacional O seu debut na selección nacional sub-16 o 16 de setembro nun partido amigable contra Bélxica (5-0). Xogou ademais outros dous partidos. Coa selección sub-17 Karius participou no Torneo de Catro Nacións en 2009, onde xogou contra Serbia (1-0).

Dende entón, Loris xogou partidos nas seleccións sub-18, sub-19 e sub-20.

Notas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Xogadores do 1. FSV Mainz 05 Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK