miniatura|200px|dereita| Hai 53 municipios en Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial. En Finlandia, en decembro de 2013, o 89,3 % da poboación falaba finés, o 5,3 % sueco, e o 0,04 % linguas saamis. Tanto o finés como o sueco son linguas oficiais de Finlandia.Heikki E. S. Mattila, Comparative Legal Linguistics, p. 55. Ashgate Publishing, Ltd., 2006, Oficialmente, un municipio é bilingüe se a poboación que fala a lingua minoritaria é canto menos o 8 % da poboación total, ou ten canto menos 3 000 falantes. Un municipio previamente bilingüe mantense co status se a proporción da lingua minoritaria descende por baixo do 8 %, ata o 6 %. Se cae por debaixo do 6 %, é posible que o municipio se manteña bilingüe por decreto gobernamental, por recomendación do consello municipal, durante dez anos máis.Olli-Pekka Salo, "Finland's Official Bilingualism – A Bed of Roses or of Procrustes?", in Jan Blommaert, Sirpa Leppänen, Päivi Pahta (eds.), Dangerous Multilingualism: Northern Perspectives on Order, Purity and Normality, p. 28–9. Palgrave Macmillan, 2012, Entre os municipios que fan uso da regra dos 3 000 falantes inclúense a capital Helsinqui e o centro cultural da comunidade sueca finlandesa, Turku. No arquipélago das Åland, onde só o sueco é oficial, nunca se aplicou a lei lingüística de 1922 e segundo indica o artigo 7 da nova lei de 2003 a rexión queda fóra do seu ámbito. No continente, a maior proporción de falantes de lingua sueca encóntrase na costa occidental, en Ostrobotnia.Claus D. Pusch, "Old Minorities within a Language Space", in Peter Auer, Jürgen Erich Schmidt (eds.), Language and Space: An International Handbook of Linguistic Variation, Volume 1, p. 385–6. Walter de Gruyter, 2010,
Dos 317 municipios de Finlandia, 16 son unilingües en lingua sueca. 33 municipios son bilingües en finés e sueco; e deles, 15 teñen como lingua maioritaria o sueco e en 18 é o finés a lingua maioritaria. Catro municipios, todos localizados en Laponia, teñen como lingua maioritaria o finés e algunha lingua saami como lingua minoritaria: Enontekiö, Inari, Sodankylä e Utsjoki.Kenneth Douglas McRae, Mika Helander, Sari Luoma, Conflict and Compromise in Multilingual Societies: Finland, Volume 3, p. 231. Wilfrid Laurier University Press, 1999, Inicialmente, só a lingua sueca recibiu o bilingüismo oficial, a través da lei lingüística de 1922; disposicións similares estendéronse ás linguas saamis a través dunha lei de 1991. A lei de 1922 foi substituída por unha nova mais en boa parte similar en 2003.
Cambios nos municipios 1933 Os municipios de Helsingin maalaiskunta, Kokkola e Ruotsinpyhtää mudaron dunha maioría sueca para unha maioría de lingua finesa.Cambios nos municipios en 1933 Karuna e Salo pasaron de ser municipios bilingües a ser unilingües en finés. Tenala e Nykarleby pasaron de ser municipios bilingües a unilingües en sueco.
1943 Karjaa e Pernå pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües con maioría de falantes en lingua sueca.Cambios nos municipios en 1943 Lapinjärvi mudou de localidade de maioría de lingua sueca a finesa. Iniö pasou de ser un municipio bilingüe de maioría sueca a ser unilingüe nesa lingua. Tuusula pasou de ser bilingüe con maioría de falantes de finés a unilingüe nesa lingua.
1953 Korpo, Korsholm e Sipoo pasaron de ser unilingües en sueco para ser bilingües con maioría de falantes de lingua sueca.Cambios nos municipios en 1953 Espoo a lingua maioritaria pasou do sueco ao finés. Kerava e Lohja pasaron de ser bilingües con maioría de falantes en lingua finesa a ser unilingües nesa lingua.
1963 Hitis, Ingå e Ekenäs landskommun pasaron de ser unilingües en sueco para ser bilingües con maioría de falantes de suecoCambios nos municipios en 1963
1973 Bromarv e Nykarleby pasaron de ser unilingües en sueco para ser bilingües, sendo o sueco a lingua maioritaria.Cambios nos municipios en 1973 Kaarlela, Kaskinen, Kauniainen, Kirkkonummi, Pohja e Porvoo pasaron de ter como lingua maioritaria o sueco a que fora o finés.
1983 Kronoby e o municipio rural de Jakobstad pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües, manténdose o sueco como lingua maioritaria.Cambios nos municipios en 1983 Os municipios de Hangö, Loviisa, Porvoon maalaiskunta e Siuntio pasaron de ser de maioría sueca a finesa.
1993 Iniö, Malax e Västanfjärd pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües, manténdose o sueco como lingua maioritaria.
2003 Houtskär e Maxmo pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües, manténdose o sueco como lingua maioritaria. Durante os seguintes dez anos Lohja mantívose como municipio bilingüe co finés como lingua maioritaria. Sipoo pasou dunha maioría de falantes de sueco a unha maioría de falantes de finés.
2015 Korsnäs e Larsmo pasaron de ser unilingües en sueco a ser bilingües, mantendo todos eles o sueco como lingua maioritaria.
2016 Närpes pasou de ser unilingüe en sueco para pasar a ser bilingüe, mantendo o sueco como lingua maioritaria.
Municipios Nome na lingua maioritaria Nome na(s) lingua(s) minoritaria(s) Lingua(s) Porcentaxe da poboaciónque fala unha lingua oficialdistinta do finés31 de decembro de 2013 Porcentaxe da poboaciónque fala unha lingua oficialdistinta do finés31 de decembro de 2016 Rexión — Unilingüe en sueco 78,7 72,6 — Unilingüe en sueco 89,1 89,7 Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 10,8 10,6 Laponia Esbo Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 7,8 7,2 Uusimaa — Unilingüe en sueco 91,7 89,8 — Unilingüe en sueco 85,7 84,2 — Unilingüe en sueco 87,2 86,9 — Unilingüe en sueco 92,5 89,7 Hangö Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 42,8 42,8 Uusimaa Helsingfors Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 5,9 5,7 Uusimaa Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 6,4 6,6 Laponia Inkoo Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 54,3 52,9 Uusimaa Pietarsaari Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 55,8 56,2 Ostrobotnia — Unilingüe en sueco 90,1 89,1 Kaskö Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 28,5 29,9 Ostrobotnia Grankulla Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 35,9 34,1 Uusimaa Kemiönsaari Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 70,3 68,5 Finlandia Propia Kyrkslätt Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 17,6 16,6 Uusimaa — Unilingüe en sueco 88,4 87,7 Karleby Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 13,1 12,6 Ostrobotnia Central Mustasaari Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 69,0 68,9 Ostrobotnia — Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 87,2 85,8 Ostrobotnia Kristiinankaupunki Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 55,4 54,6 Ostrobotnia Kruunupyy Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 80,7 78,4 Ostrobotnia — Unilingüe en sueco 90,3 85,4 Lappträsk Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 32,8 31,2 Uusimaa Luoto Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 92,5 91,8 Ostrobotnia — Unilingüe en sueco 92,9 92,1 Lojo Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 3,5 3,5 Uusimaa Lovisa Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 42,0 40,8 Uusimaa — Unilingüe en sueco 91,0 86,6 Maalahti Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 86,1 85,5 Ostrobotnia Maarianhamina Unilingüe en sueco 85,7 84,2 Mörskom Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 9,8 9,2 Uusimaa Närpiö Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 84,8 80,4 Ostrobotnia Uusikaarlepyy Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 87,3 86,7 Ostrobotnia Parainen Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 56,4 55,4 Finlandia Propia Pedersören kunta Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 89,7 89,3 Ostrobotnia Borgå Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 30,4 29,6 Uusimaa Pyttis Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 8,1 7,6 Kymenlaakso Raasepori Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 65,4 64,7 Uusimaa — Unilingüe en sueco 92,8 91,9 Sibbo Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 35,6 32,6 Uusimaa Sjundeå Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 29,6 28,5 Uusimaa Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 1,6 1,6 Laponia — Unilingüe en sueco 91,0 93,5 — Unilingüe en sueco 92,3 88,9 Åbo Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 5,4 5,4 Finlandia Propia Finés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 46,0 45,0 Laponia Vasa Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 22,7 22,8 Ostrobotnia Vanda Finés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 2,7 2,5 Uusimaa — Unilingüe en sueco 90,1 88,1 Vöyri Sueco como lingua maioritaria, finés como lingua minoritaria 82,6 81,1 Ostrobotnia
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Linguas de Finlandia Comunidade sueca de Finlandia Lista de municipios de Finlandia Política lingüística de Finlandia
Categoría:Política de Finlandia Categoría:Concellos de Finlandia Categoría:Lingua sueca en Finlandia Categoría:Linguas de Finlandia Categoría:Demografía de Finlandia