Beatriz de Nápoles ou Beatriz de Aragón e Chiaromonte (en ); nada en Nápoles o 14 de novembro de 1457 e finada ibídem o 23 de setembro de 1508 foi raíña consorte de Hungría, sendo desposada por dous reis húngaros diferentes.
Traxectoria Naceu o 14 de novembro de 1457 en Nápoles como filla de Fernando I e de Sabela de Tarento. O 5 de setembro de 1474 foi prometida polo seu pai en matrimonio ós seus 17 anos de idade co rei húngaro. Logo de trasladarse ó Reino de Hungría foi tomada como esposa polo rei Matías Corvino de Hungría o 22 de decembro de 1476, xunto ó cal gobernou como raíña consorte até a morte do monarca en 1490. Beatriz compartiu con Matías os primeiros anos do Renacemento fóra de Italia, o cal foi exportado a Hungría pola parella real. Axiña o renacemento húngaro alcanzou ó italiano e serviu de ponte para que este chegase ós demais países europeos, como o Sacro Imperio Romano Germánico ou Francia. Desta unión matrimonial non tivo descendencia.
Trala morte de Matías, posto que o rei non tiña herdeiros (soamente o seu fillo ilexítimo oXán Corvino, ó cal quería converter no seu sucesor) Beatriz apoiou ó rei Ladislau Jagellon de Bohemia, o cal foi coroado coa condición de que desposase a Beatriz. Desta maneira celebrouse o matrimonio en 1490, converténdose novamente en raíña consorte de Hungría ata que ó pouco tempo o matrimonio foi anulado polo papa trala petición do mesmo rei húngaro. Esta unión tampouco tivo descendencia.
Categoría:Nados en 1457 Categoría:Nados en Nápoles Categoría:Casa de Aragón Categoría:Finados en 1508