Nikolai Alekseievich Sokolov, nado en Mokshan, Imperio Ruso, o e finado en Salbris, Francia, o 23 de novembro de 1924, foi un maxistrado ruso. Durante a guerra civil rusa levou a cabo importantes investigacións para o Directorio de Omsk, en nome do Gobernante Supremo, o almirante Aleksandr Kolchak. Entre as súas investigacións destacan os asasinatos da familia imperial rusa e dos mártires de Alapaevsk.

Traxectoria Sokolov naceu no seo dunha familia de mercadores de Mokshan, preto de Penza, onde o seu pai era fabricante de cordas. Despois de marchar a estudar Dereito en Khárkiv, converteuse en xuíz de instrución para os asuntos extraordinarios.

Trala revolución de Outubro, rexeitou servir ao novo réxime, e marchou á cidade de Omsk, en Siberia, onde entrou en contacto con outros monárquicos.

O 5 de febreiro de 1919, o almirante Aleksandr Kolchak, comandante supremo do Exército Branco, confioulle a Sokolov a investigación da morte do tsar Nicolao II e a súa familia en Ekaterimburgo. Sokolov recolleu numerosos testemuños, identificou aos responsables do masacre e localizou o lugar ao que foron transportados os corpos e soterrados provisionalmente. Durante o transcurso da investigación coñeceu a que sería a súa muller.

No verán de 1919, debido ao avance do Exército Vermello que ameazaba con recuperar Ekaterimburgo, Sokolov tivo que poñer fin a súa investigación e levar os seus arquivos ata o seu refuxio en Omsk. Grazas á axuda e a protección do xeral francés Janin, conseguiu unirse a un grupo de refuxiados do exército branco no ferrocarril transiberiano e fuxir ata Pequín. Finalmente conseguiu chegar ata Francia onde se instalou en Sologne, en Salbris, no Loir-et-Cher, onde o príncipe Orlov, que foi o seu protector, posuía un castelo.

Sokolov morreu aos 42 anos por mor dun infarto. Deixou unha viúva de 23 anos e dous fillos pequenos, Nathalie (1920-2002) e Aleksei (1920-2002).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Execución da familia Romanov

Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Guerra Civil rusa