Mustang é un filme dramático de 2015 dirixido pola turco-francesa Deniz Gamze Ergüven. A historia do filme está ambientada nunha vila turca remota e conta a vida de cinco rapazas orfas e os retos ós que se enfrontan como mulleres novas nunha sociedade fortemente conservadora. O evento da praia que desencadea a reacción da familia contra as cinco irmás ó comezo do filme baséase na vida persoal de Ergüven.

Foi estreado na sección Quincena dos Realizadores do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015 onde gañou o Premio de Cinema Europeo. Mustang é o primeiro filme de Deniz Gamze Ergüven. Ela explicou que a súa motivación para facelo era desvelar as dificultades das mulleres de Turquía. O filme tamén gañou o Lux Prize. Foi escollido para a súa presentación especial no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015. O filme gañou o premio da Asociación de Directores Polacos no festival Ale Kino!. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios. Tamén foi nomeado ós Globos de Ouro na categoría de mellor filme en lingua non inglesa. Recibiu nove nomeamentos nos Premios César, e gañou catro, nas categorías de mellor filme, mellor guión orixinal, mellor edición e mellor banda sonora orixinal. Mustang recibiu a aclamación da crítica.

Durante a produción do filme, Deniz Gamze Ergüven estaba embarazada e case non puido continuar coa produción logo de que un produtor se retirase no derradeiro minuto. O produtor alegou preocupacións polo embarazo de Ergüven e se ela podería manterse ó día coas esixencias de rodaxe.

Sinopse O filme comeza con Lale, a máis pequena das cinco irmás e a protagonista, despedindo na escola a súa profesora, que se está a mudar a Istambul. As irmás deciden ir á casa en vez de coller unha furgoneta, para gozar do día asollado. No camiño, xogan na auga na praia cos compañeiros. Por un xogo, sentan sobre os ombreiros dos rapaces. Cando chegan á casa, a súa avoa repréndelles e pégalles por ter este tipo de contacto corporal cos nenos e así "darse pracer" con eles. O seu tío Erol está igualmente furioso. A partir de entón prohibe ás nenas saír da casa, mesmo para ir á escola.

Personaxes Güneş Şensoy como Lale Doğa Doğuşlu como Nur Elit İşcan como Ece Tuğba Sunguroğlu como Selma İlayda Akdoğan como Sonay Nihal Koldaş como avoa Ayberk Pekcan como Erol Erol Afşin como Osman

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua turca Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Turquía Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre irmás