Frances Elizabeth Caroline Willard, nada o 28 de setembro de 1839 e finada o 17 de febreiro de 1898 foi un educadora estadounidense, ademais de escritora e activista a prol do Movemento pola Temperanza e o sufraxio feminino. A súa influencia foi fundamental na aprobación de dúas transcendentais emendas da Constitución dos Estados Unidos, a décimo oitava, que estabeleceu a «prohibición» ou «lei seca», e a décimo novena, que permitiu o voto das mulleres.

Willard foi presidenta nacional da Woman's Christian Temperance Union en 1879, a primeira organización colectiva de mulleres dedicada á reforma social, e mantívose no cargo durante 19 anos. Tamén desenvolveu a lema «facer de todo», característico da WCTU, que presionaba ós seus membros a participar en cabildeo, peticións, proselitismo, publicidade e educación.

A súa visión ampliaríase máis adiante para incluír entre as súas causas a axuda federal á educación, os xantares escolares de balde, os sindicatos de traballadores, a xornada laboral de oito horas, a asistencia para os pobres, o saneamento municipal e a formación de consellos de saúde, de transporte nacional, de endurecemento das leis contra a violación, de protección contra o abuso infantil, e sobre a teoría da reforma agraria de imposto único de Henry George.

Obra Woman and temperance, or the work and workers of the Woman's Christian Temperance Union (1883) How to Win: A Book For Girls (1886) Nineteen beautiful years, or, sketches of a girl's life (1886) Glimpses of fifty years: the autobiography of an American woman (1889) A Classic Town: The Story of Evanston (1891) Woman's Christian Temperance Union. President. President's Annual Address (1891) Do everything: a handbook for the world's white ribboners. (¿?) A Wheel Within a Wheel: How I Learned to Ride the Bicycle (1895)

Notas

Categoría:Nados en 1839 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Sufraxistas Categoría:Abolicionistas Categoría:Nados no condado de Monroe, Nova York