Carol Hanisch, nada en 1942, é unha xornalista e activista estadounidense do feminismo radical. O seu slogan máis coñecido é “o persoal é político” (The Personal is Political) recollido nun ensaio co mesmo nome, publicado en 1969.

Traxectoria Formada en xornalismo pola Universidade Drake, uniuse en 1965 ó Movemento de Dereito Civil do Mississippi onde entendeu a forza da unión en loitas de minorías contra a opresión.

É fundadora do grupo Mulleres Radicais de Nova York (New York Radical Women), tamén editou o libro Redstockings, Feminist Revolution, publicado en 1975 e creou o xornal Meeting Ground, un impreso que circulou dende 1978 até 1992.

Unha das súas accións máis importantes foi a protesta contra o concurso Miss América de 1968. Carol foi unha das catro mulleres, que interrompeu o proceso. A tensión creada atraeu moita atención para o Movemento de Liberación da Muller.

Hanisch participou tamén de diversas outras loitas, tales como as contra o racismo, o apartheid na Suráfrica, e o imperialismo americano.

Notas

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América