A Universidade Nacional de Colombia é unha universidade pública colombiana da orde nacional, fundada baixo o goberno de Santos Acosta o 22 de setembro de 1867 e rexentada pola Lei 66 de 1867. É a universidade máis importante e representativa de Colombia pola súa tradición, prestixio, calidade e selectividade. Está vinculada á historia e produción académica de América Latina. O seu campus insignia, a Cidade Universitaria de Bogotá, é o máis grande do país e conta con 17 edificios declarados monumento nacional. Ten sedes en Medellín, Manizales, Palmira, Arauca, Leticia, Tumaco, San Andrés e La Paz (Cesar).

A súa poboación estudantil é de 49 890 estudantes, dos cales 41 340 son de pregrao e 8550 de posgrao; este feito convértea na academia colombiana con maior número de estudantes.Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador. Conta tamén cun total de 2939 docentes activos de planta, a metade con doutoramento. Posúe 94 programas de pregrao, 97 especializacións, 38 especialidades médicas e odontolóxicas, 148 mestrados e 54 doutoramentos distribuídos nas súas 8 sedes.

O 9 de abril de 2010, o Ministerio de Educación Nacional outorgoulle a Acreditación Institucional de Alta Calidade por 10 anos en todas as súas sedes. Numerosas clasificacións sitúana como a mellor do país. É membro da Asociación Colombiana de Universidades, a Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao (AUIP) e a rede iberoamericana de universidades Universia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Universidades de Colombia