Xetafe () é un municipio situado na zona sur da Comunidade de Madrid, España. É unha das cidades máis poboadas e industrializadas da área metropolitana da capital. A importancia de Xetafe provén tamén da súa base aérea militar, unha das máis antigas de España, do Cerro de los Ángeles, considerado o centro xeográfico da Península Ibérica, e da Universidade Carlos III, cuxo reitorado se acha na cidade.
A proximidade de Xetafe a Madrid propiciou un gran desenvolvemento industrial ao longo do século XX, aumentando así a poboación ata os 170.115 habitantes (2011) e converténdose nunha cidade dormitorio. O incremento de poboación obrigou a construír numerosas vías de acceso, fixo ampliar a oferta de servizos públicos e impulsou a creación de novos barrios ao longo do século XX. O club de fútbol local, Getafe CF xoga na primeira división de fútbol española.
A cidade sitúase a 13 km ao sur do centro de Madrid, na parte sur da área metropolitana de Madrid, nunha zona chá da Meseta Central da Península Ibérica, e na cunca do río Manzanares.
Etimoloxía
Na Idade Media, no actual concello de Xetafe convivían varias aldeas, e unha das máis importantes era Alarnes, situada moi preto do actual centro urbano. No 1326, os poboadores destas aldeas uníronse nunha vila situada ao longo do camiño real que unía Madrid con Toledo. A este nova vila chamóuselle Xatafi. Este nome viña da palabra árabe Jata, que significa "algo longo". De aí deduciuse que Xatafi referíase á longa rúa principal da vila, que non era outra que o camiño real. Polo tanto, Xetafe significa "rúa longa". A partir de aí, o nome evolucionou pasando por Xetafi, Jetafee, Jetaphe, Jetafe e, finalmente, Getafe.
Historia
miniatura|222px|Restos da vila romana da Torrecilla. miniatura|220px|Mapa de Xetafe no século XVII. miniatura|180px|Gran Teatro de Xetafe (finais do Século XIX).
A historia de Xetafe pódese dividir en tres fases claramente derregadas. Na primeira etapa, que vai desde a Prehistoria ata o 1326, distintas civilizacións e aldeas habitaron o termo municipal, aínda que Xetafe non existía como vila. Na segunda, que empeza no século XIV e acaba no século XX, Xetafe fórmase como vila e vaise desenvolvendo lentamente con diversas construcións. Na terceira fase, que comeza no século XX, Xetafe pasou de ser unha vila agrícola a converterse nunha gran cidade industrial, cun grande aumento da actividade comercial e industrial, da poboación, e da superficie urbana. A continuación desenvólvense estas tres fases.
Orixes A presenza humana en Xetafe remóntase ao Paleolítico Inferior (antes do 100.000 aC), nun socalco do río Manzanares, onde se atoparon varios útiles de pedra, vasos e brazais. Do século II ao III produciuse a chegada dos romanos ao termo municipal construíndo a vila romana da Torrecilla, localizada na ribeira do Manzanares. Os visigodos (s. VI - VII) deixaron a súa pegada cunha necrópole próxima á Torrecilla.
No século VIII, a zona onde actualmente se acha Xetafe foi invadida polos musulmáns, e en 1085, Afonso VI conquistou as aldeas entón situadas no actual concello. En 1326, os habitantes de Alarnes e doutras aldeas trasladáronse á contorna do camiño real Madrid-Toledo, creándose unha concentración de vivendas e nacendo así Xetafe. Para estruturar a nova vila, nese mesmo século construíuse a primitiva ermida da Madalena, que máis tarde sería derrubada.
Idade Moderna En 1492 a fame e a peste asolaron Xetafe e en 1529 creouse o Hospitalillo de San José. En 1549 Alonso de Covarrubias comezou a construír a igrexa da nosa Señora da Madalena (actual catedral) sobre o predio da antiga ermida e en 1610 construíuse a ermida da nosa Señora dos Anxos no Cerro de los Ángeles. En 1737 fundouse o colexio das Escolas Pías en Xetafe, e en 1763, baixo o reinado de Carlos III, construíuse o novo camiño de Aranjuez (cuxo último destino era Cádiz) que pasaba ao pé das abas do Cerro de los Ángeles. Entre 1808 e 1812 as tropas napoleónicas ocuparon Xetafe e en 1851 inaugurouse o treito ferroviario Madrid-Aranjuez, pasando este polo concello.
Século XX e actualidade O 22 de decembro de 1897 inaugurouse o alumeado público en Xetafe. En 1911 estableceuse con carácter permanente a base aérea, e dous anos despois, creouse a Escola de Aviación Civil. O 30 de maio de 1919 Afonso XIII inaugurou o primeiro monumento ao Sagrado Corazón no Cerro de los Ángeles e en 1924 a empresa C.A.S.A. instalou a súa factoría no municipio. Nese mesmo ano, na base aérea, realizábase o primeiro voo no autoxiro, creado por Juan de la Cierva.
A proximidade de Xetafe a Madrid proporcionou un forte desenvolvemento industrial a principios do século XX, convertendo o municipio en cidade dormitorio e provocando un rápido crecemento da poboación a partir da década de 1950. En 1956 instalouse no municipio a fábrica de John Deere e un ano despois facía o mesmo Siemens. A partir dos 1970 creáronse novos barrios como San Isidro, El Bercial, Juan de la Cierva e Las Margaritas con motivo do forte aumento da poboación que experimentaba a cidade.
En 1961 a canle de Isabel II abasteceu de auga o concello e en 1979 celebráronse as primeiras eleccións democráticas municipais, logo da Constitución de 1978. En 1988 comezaron as obras da Universidade Carlos III. Entre 1979 e 1988 construíuse o barrio do Sector III, a finais dos anos 1990 fíxose o mesmo co barrio de Xetafe Norte e o Arroyo Culebro. Actualmente estase ampliando o barrio de El Bercial. En abril de 2003 inaugurouse a liña 12 do Metro de Madrid, unindo así as cidades do sur coa capital.
Historia heráldica
O escudo de Xetafe está dividido verticalmente en dúas partes iguais que representan as dúas características máis importantes do concello. Na metade esquerda hai un corazón no centro dunha cruz latina que representa o Sagrado Corazón de Xesús, e que fai referencia ao Cerro de los Ángeles. A metade dereita ten varios avións pequenos e brancos que representan a tradición aeronáutica do concello e fan referencia á súa base aérea. Na parte superior, a coroa real española preside o escudo, como símbolo da lealdade do concello á monarquía española.
Política e goberno
Lista de alcaldesLexislatura Nome 1943-1964 Juan Vergara Butragueño 1964-1971 Pedro Zarzo Calvo 1971-1971 Juan Ángel Lozano Mula 1971-1973 Félix Cervera Cifuentes 1973-1974 José Mingo Guerrero 1974-1979 Ángel Arroyo Soberón 1979-1983 Jesús Prieto de la Fuente 1983-2011 Pedro Castro Vázquez 2011 - Juan Soler Espiauba-Gallo
miniatura|220px|Concello de Xetafe.
Nas eleccións municipais do 2011, o PP obtivo doce concelleiros, o PSOE nove, IU catro e UPyD, dous. O alcalde do concello é Juan Soler Espiauba-Gallo, do Partido Popular, quen ocupa o cargo desde entón. Porén, Xetafe caracterizouse tradicionalmente por posuír unha poboación maioritariamente obreira; así mesmo, ao longo da súa historia, os partidos políticos máis influentes foron os da esquerda: sobre todo, o PSOE, quen ostentou ininterrompidamente a alcaldía dende 1983 ata 2011 na persoa de Pedro Castro Vázquez. Xetafe é unha das cidades máis destacadas na loita obreira debido á gran cantidade de poboación que traballaba na industria local. Os sindicatos máis importantes que hai no municipio son Comisións Obreiras e UGT. Ambas formacións teñen unha sucursal en Getafe e contan cun gran número de afiliados.
Xeografía Localización miniatura|220px|Cerro Buenavista, a maior elevación do termo municipal, con 704 metros. No seu cumio hai un depósito de auga da canle de Isabel II.
Xetafe está situado na zona sur da Comunidade de Madrid, España, no suroeste de Europa, no centro da Península Ibérica, ao norte da Submeseta Sur (división da Meseta Central), na cunca do río Manzanares, e entre os 610 e 640 metros sobre o nivel do mar. As súas coordenadas son 40º 18' N 3°43′ O. O termo municipal de Xetafe ten unha superficie de 78,74 km², un perímetro de 46,5 km e unha forma alongada de oeste a leste, cunha distancia máxima nesta dirección de 16 km, e 7 km de norte a sur. A parte máis oriental do concello está dentro do Parque Rexional do Sueste, abarcando os socalcos do río Manzanares, parte do regato Culebro e os cerros da Marañosa.
Distancias A céntrica situación de Xetafe na Península Ibérica fai que non diste máis de 725,6 km de ningunha capital de provincia da España peninsular. Estas son as distancias a algunhas cidades, aos mares que bañan a costa española e ás fronteiras con Portugal e Francia: Puerta del Sol de Madrid: 13 km Toledo: 59 km (capital de provincia máis próxima) Xirona: 725,6 km (capital de provincia máis afastada) Centro de Leganés: 4,3 km Fuenlabrada: 7,5 km Parla: 8 km Mar Mediterráneo (Valencia): 348 km Mar Cantábrico (Santander): 398 km Océano Atlántico (Cádiz): 640 km Fronteira con Portugal: 402 km Fronteira con Francia: 510 km
Relevo miniatura|220px|Parte xetafense da veiga do Manzanares. É a zona máis baixa do termo municipal (540 m).
O relevo do termo municipal de Xetafe é bastante chan, cunha inclinación menor do 5% cara ao leste e cunha altura media de 631 metros sobre o nivel do mar. A altitude mínima atópase no extremo leste, no río Manzanares, con 540 metros, e a máxima elevación está no outeiro Buenavista, con 704 metros, situado no extremo oeste do termo municipal, limitando con Leganés. A zona máis accidentada é a dos Cerros de la Marañosa, situados no sueste, cuxa máxima elevación é de 698 metros. No centro do concello está o Cerro de los Ángeles (670 metros). O solo de Xetafe erosiónase con facilidade ante a acción da auga, e para evitar isto, nas abas dos outeiros como o de los Ángeles e os De la Marañosa plantáronse bosques de piñeiros.
Hidrografía
miniatura|220px|Lagoas de Perales. Estas catro pequenas lagoas están protexidas.
Pola parte máis oriental do concello pasan 9,5 km do río Manzanares, por toda a zona sur transcorren 16,5 km do regato Culebro, e no sueste descenden 2 km do barranco de Filipinas desde os Cerros de la Marañosa. Hai dúas canles artificiais que transcorren por ambos os lados do río Manzanares e paralelos a este, cuxa función é regar os cultivos próximos ao río. A 2 km ao leste do Cerro de los Ángeles están as lagoas de Perales, unhas das poucas que quedan na zona. O regato Culebro e o barranco de Filipinas levan un caudal escaso e nulo na estación estival, mentres que o río Manzanares leva auga todo o ano. Polo tanto, o concello de Xetafe áchase dentro da cunca do río Manzanares, agás unha pequena parte do sueste, que pertence á do Jarama.
Límites
O concello municipal de Xetafe limita cos seguintes concellos: ao norte con Villaverde e Vallecas (distritos de Madrid), ao leste con Rivas-Vaciamadrid, ao sueste con San Martín de la Vega, ao sur con Pinto, ao suroeste con Fuenlabrada, e ao oeste con Leganés.
Noroeste: Leganés Norte: Villaverde (Madrid) Nordeste: Vallecas (Madrid) Oeste: Leganés Xetafe Este: Rivas-Vaciamadrid Suroeste Fuenlabrada Sur: Pinto Sueste: San Martín de la Vega
Clima
miniatura|Un parque de Xetafe nun día de neve.
O clima de Xetafe é mediterráneo continentalizado e está influído polas condicións urbanas. Os invernos son frescos, con temperaturas inferiores aos 8 °C, xeadas nocturnas moi frecuentes e nevaradas ocasionais (tres ou catro ao ano). Os veráns son calorosos, con temperaturas medias superiores aos 24 °C en xullo e agosto, e con máximas que moitas veces acadan os 35 °C. A oscilación diaria é de aproximadamente 10 °C, pero vese reducida polo efecto antrópico creado por Madrid e o conxunto de cidades próximas.