A economía feminista é o estudo crítico da economía incluíndo a metodoloxía, etimoloxía, historia e investigación empírica, tentando superar as bases androcéntricas (patriarcais). Enfócase en temas de particular importancia para as mulleres, como é o traballo de coidados a terceiros ou a segregación ocupacional (exclusión de mulleres e minorías en certos eidos); deficiencias en modelos económicos, como a indiferenza á negociación do traballo dentro do fogar; novas formas de recollida e medición de datos como o Indicador de Apoderamento de Xénero (GEM), e máis concienciación das teorías de xénero como o enfoque das capacidades. A economía feminista ultimadamente busca producir unha inclusión de xénero na economía.
A economía feminista enfoca a súa atención nas construcións sociais de economía tradicional, cuestionando o positivo e negativo, e pretende sinalar a forma na que eses modelos e métodos están baseados en preferencias masculinas. Sendo que a economía está enfocada tradicionalmente en temas "culturalmente masculinos" como autonomía, abstracción e lóxica; a economía feminista apela á inclusión de cuestións consideradas tradicionalmente femininas como son a economía familiar, conexións, concreción e emoción, e amosa os problemas causados pola exclusión destes temas. Esta inclusión axudou a crear políticas que reduciron a discriminación de xénero, raza, inequidade e étnica, satisfacendo obxectivos centrais de toda a economía.Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador. (Pdf version). Esta visión supón deixar de considerar a economía capitalista como o centro da sociedade posto que o sistema capitalista non é o único posible á hora de organizar a economía. Supón considerar que o centro da sociedade son os procesos que sosteñen a vida –os cales xeralmente non son remunerados e son levados a cabo por mulleres. Estes procesos, chamados "coidados" pola teoría, adoitan atoparse invisibilizados e como consecuencia, adoitan considerarse secundarios aínda que realmente supoñan a base da organización superior do sistema social.
Moitas académicas incluíndo a Ester Boserup, Marianne Ferber, Julie A. Nelson, Marilyn Waring, Nancy Folbre, Diane Elson e Ailsa McKay contribuíron a desenvolver o marco da economía feminista. O libro If Women Counted de Waring, publicado en 1988 é frecuentemente referido como o "documento fundador" da disciplina. Na década dos 90 a economía feminista comezou a ser coñecida e estabelecida dentro do campo da Economía.
Notas
Categoría:Economía Categoría:Feminismo