Albawings é unha aeroliña albanesa con sede en Tirana e baseada no aeroporto de Tirana-Nai Tareixa. No presente é a única aeroliña de Albania que opera voos regulares. A compañía voa dende o seu centro de conexións a varios destinos en Italia.
Historia Albawings foi fundada en febreiro de 2015 por dous empresarios, Gentian Kole e Dhimitër Tola. Albawings obtivo o seu certificado de operador da Autoridade de Aviación Civil de Albania o 4 de febreiro de 2016. O primeiro avión da compañía, un Boeing 737-500, foi bautizado como "Spirit of Tirana".
O 11 de decembro de 2016 o seu segundo avión foi entregado por Bruce Dickinson. O avión alugado era un Boeing 737-400 propiedade de Cardiff Aviation e foi bautizado "Sir Norman Wisdom", que foi un actor moi popular en Albania durante o réxime comunista de Enver Hoxha, principalmente polo seu papel de Mr. Pitkin.
Frota miniatura|Boeing 737-500 En febreiro de 2018 a frota de Albawings estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de AlbawingsAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalBoeing 737-5001—— 126 126Boeing 737-4001—— 170 170Total2—
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Albania