Rafael de Balbín Lucas, nado en Alcañices (provincia de Zamora) o 5 de marzo de 1910 e finado o 27 de xaneiro de 1978 en Madrid, foi un catedrático universitario e escritor español en lingua castelá, especialista na obra de Gustavo Adolfo Bécquer.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Valencia e en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza, foi catedrático de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Oviedo e de gramática xeral e de crítica literaria na Universidade Central de Madrid. Foi, primeiro secretario e despois director, do Instituto Miguel de Cervantes do Consello Superior de Investigacións Científicas.
Obra Selección: Romances de Cruzada, Santarén, 1941. Días con dios, Ediciones Rialp, 1951. Poetas modernos (siglos XVIII y XIX), CSIC, 1953. Sistema de ritmica castellana. Editorial Gredos, 1962. Gramática de la lengua vulgar de España, CSIC, 1966. Poética becqueriana, Prensa Española, 1969. Sacrificio y alegría, Ediciones Rialp, 1973.
Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopèdia Catalana Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Alcañices Categoría:Finados en 1978 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Castela e León Categoría:Ensaístas de España Categoría:Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Profesores da Universidade de Oviedo Categoría:Personalidades sen imaxes