Para a crítica literaria, véxase Helen Gardner. Helen Garner, nada en 1942 en Geelong (Australia), é unha escritora australiana.
Traxectoria Estudou na Universidade de Melbourne, deu clases no ensino secundario ata 1972 e traballou como redactora.
Obra Monkey Grip (1977), premiada co National Book Council Award e levada ao cine en 1981. The Spare Room (2008) gañou o Premio Literario Victorian Premier, o Premio Queensland Premier e o Premio Barbara Jefferis. Está traducida a varias linguas, entre elas ao galego. En galego foi traducida por Moisés Barcia Rodríguez en Rinoceronte editora co nome O cuarto de invitados.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigo sobre O cuarto de invitados en Fugas
Categoría:Escritores de Australia Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Victoria, Australia