O Portal das Palabras é un espazo en Internet creado en 2013 pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié para difundir o léxico e a lexicografía do galego.

Desde o seu nacemento pode accederse desde el ao Dicionario da Real Academia Galega e mantén as seccións Palabra do día, Mira que din, Setestrelo, Palabras asinadas e Pregúntalle á Academia. Ó longo dos anos foi incorporando xogos, novas, ligazóns e descargas. En 2016 incorporou a sección Allos con bugallos.

Tamén promoveu dende o 2014 a elección da Palabra do Ano, cunha votación popular.

O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega é o responsábel dos seus contidos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Portal das Palabras

Categoría:Real Academia Galega Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes