Jennifer Sarah "Jenny" Slate, nada o 25 de marzo de 1982, é unha actriz, cómica e autora estadounidense. É coñecida polo seu papel de Mona Lisa Saperstein en Parks and Recreation así como por ser a cocreadora das curtametraxes Marcel the Shell with Shoes On e a serie de libros infantís. Formou parte do equipo de Saturday Night Live na tempada 2009 e apareceu en series como House of Lies, Married, Bob's Burgers, Hello Ladies, Kroll Show, Bored to Death e Girls, así como nos filmes Zootopia, The Secret Life of Pets e Despicable Me 3. Slate interpretou o papel principal do filme de 2014 Obvious Child.
Traxectoria Slate naceu en Milton, Massachusetts, e os seus pais son Ron e Nancy Slate, unha poeta e autora. Ten dúas irmás, Abigail e Stacey. Despois da súa graduación de Milton Academy, asistiu á Universidade de Columbia, onde participou nun grupo de improvisación, Fruit Paunch, e en Varsity Show, graduouse da Universidade de Columbia en 2004.
Vida persoal Entre 2012 e 2016 estivo casada con Dean Fleischer-Camp.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía