Marie Charlotte Carmichael Stopes, nada o 15 de outubro de 1880 e finada o 2 de outubro de 1958, foi unha autora, paleobotánica, investigadora, euxenista escocesa, defensora dos dereitos da muller e pioneira no eido da planificación da natalidade. As súas achegas en paleontoloxía e clasificación do carbón foron moi significativas, ademais de ser a primeira académica da súa facultade na Universidade de Manchester.Los 100 protagonistas del siglo XX. VVAA. El País S.A. 1992. ISBN 84-86459-41-9

Traxectoria Xunto co seu segundo marido, Humphrey Verdon Roe, fundou a primeira clínica de control da natalidade de Gran Bretaña. Stopes editou a publicación Birth Control News que daba consellos explícitos sobre o tema.

O seu manual sobre sexo, Married Love foi moi controvertido e influente. Opúñase ó aborto argumentando que a prevención da concepción era suficiente.

Notas

Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Finadas por cancro de mama Categoría:Profesores da Universidade de Manchester