A rúa das Panadeiras ou rúa Panadeiras é unha rúa residencial e comercial da Coruña situada no barrio da Pescaría da cidade.Estudos previos

Historia Na rúa, chamada San Sebastián, chegou a haber doce fornos de pan que lle deron o nome de Panadeiras. Entre 1849 e 1875 foi nomeada María Pita e a partir desa data aparece como “Panaderas”, agás no período 1931-1936 no que se denominou Santiago Casares Quiroga, onde está a súa casa.

A parte final da rúa, coñecida como praza de Panadeiras ou praza do Consulado, foi bautizada en 1960 como praza do Pintor Sotomayor. A rúa situada entre as Capuchinas e a Casa do Consulado nomeouse en 2013 en honra de Pedro Antonio Sánchez Vaamonde.

Veciños e negocios No edificio n.º 12 residiron Santiago Casares Paz e o seu fillo, Santiago Casares Quiroga, e alí naceu a filla deste, María Casares. Dende 2007 sitúase nel a Casa Museo Casares Quiroga.Casa Museo Casares Quiroga

No inicio da rúa estaba a casa do Patín, doada en 1789 por Teresa Herrera para a construción dun hospital de caridade.

Na rúa estiveron negocios populares como a pastelaría "La Gloria" e nela inaugurouse en 2008 o centro comercial denominado Bulevar do Papagaio.Centro Comercial Bulevar do PapagaioEl bulevar del Papagayo abre sus puertas tras siete años de trabajos

Arquitectura Na rúa Panadeiras existen varios edificios destacados: N.º 2, edificio de Antonio de Mesa (1922) N.º 4, edificio de Pedro Mariño (1929) N.º 12, casa de Casares Quiroga, de Pedro Mariño (1925) N.º 7, edificio de estilo ecléctico de Juan de Ciórraga (1916) N.º 13, edificio modernista de Julio Galán Carvajal (1908-1909) N.º 27, edificio de Juan de Ciórraga (1893) N.º 29, edificio El Ocaso, de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1935)

Os edificios máis destacados da rúa son a Casa do Consulado (século XVIII) e o convento das Capuchinas (séculos XVII-XVIII), do que se conserva a igrexa e un lenzo de cantería que forma parte do Museo de Belas Artes. A casa do cura, acaroada á igrexa foi derrubada en 2004 e reconstruída de novo en 2009.

Entre os elementos do espazo público catalogados están o pavimento, a fonte e o arboredo do adro das Capuchinas e o farol de fundición da praza do pintor Sotomayor.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Rúas da Coruña