O río Spree (sorbio: Sprjewja, checo: Spréva) é un río de Alemaña, comunicado por medio de canles navegables co mar Báltico e que se ensancha na cidade de Berlín formando un porto fluvial. Percorre gran parte da cidade e serve de marco a varios dos edificios mais emblemáticos. É un afluente do río Havel, á súa vez afluente do Elba.

A súa lonxitude é de preto de 400 quilómetros, dos cales 182 son navegables.

Historia O río foi escenario de combates durante a conquista de Berlín durante a Segunda guerra mundial.

Nas décadas seguintes e despois da construción do muro de Berlín, moitos habitantes do Berlín Leste tentaron escapar cruzando o río. Coa caída do muro no 1989 decidiuse conservar unha sección de 1,3 km ao longo do río Spree co fin de albergar a East Side Gallery.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos Xeografía de Alemaña

Categoría:Ríos de Alemaña