Ledesma é un concello da comunidade autónoma de Castela e León, na provincia de Salamanca, bañado polo Río Tormes.Enciclopedia Universal Micronet
Xeografía Está situado a case 35 km ao noroeste da capital salmantina. Limita ao norte cos concellos zamoranos de Carbellino, Almeida de Sayago, Alfaraz de Sayago e Moraleja de Sayago, ó sur con Doñinos de Ledesma e Villarmayor, ó leste con Añover de Tormes e Juzbado e ó oeste con Villaseco de los Reyes e Gejuelo del Barro.
Demografía Segundo o Instituto Nacional de Estadística, no ano 2017 tiña 1 688 habitantes, 837 homes e 851 mulleres (1 968 no 2010 e 1 954 no 2000).
Historia miniatura|Mapa de Ledesma de 1867, feito por Francisco Coello.
Cultura
Patrimonio miniatura|Fortaleza. miniatura|Ponte Mocho. Ponte medieval sobre o río Tormes, representado no escudo do concello. Muralla, construída posiblemente na segunda metade do s. XII. Conserva unha das oito portas que tivo. Fortaleza de Ledesma, construída na segunda metade do século XV. Igrexa de Santa María a Maior, gótica dos séculos XV e XVI. Ponte Mocho, de cinco ollos, con restos da antiga calzada romana.
Etnografía Entre as festas e celebracións destacan as do Corpus Christi, con procesión polas rúas medievais e encerros a cabalo, denominados aquí Espantos. miniatura|Rosquillas de Ledesma Na gastronomía son típicas as rosquillas de Ledesma, feitas con ovo e fariña.
Economía Hai Gando vacún e algunha gandería de reses bravas.
Política e goberno O alcalde é o popular José Prieto González. miniatura|Casa do concello.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de concellos de Salamanca Ligazóns externas Deputación de Salamanca .
Categoría:Concellos da provincia de Salamanca