Hebe Pastor de Bonafini, nada en Ensenada (provincia de Bos Aires) o 4 de decembro de 1928 e finada na Plata o 20 de novembro de 2022, foi unha activista arxentina e unha das fundadoras da asociación Nais da Praza de Maio, organización de nais de detidos-desaparecidos durante o autodenominado Proceso de Reorganización Nacional, a ditadura que gobernou a Arxentina entre 1976 e 1983, e da Fundación Nais de Praza de Maio, da cal dependen un instituto universitario privado, un xornal, unha radio, unha casa cultural, unha libraría e administra un centro cultural onde antes se encontraba o centro clandestino da ESMA.

Traxectoria miniatura|dereita|Hebe de Bonafini nunha reunión coa presidenta arxentina Cristina Fernández de Kirchner. Hebe de Bonafini era unha dona de casa que cursou unicamente a educación primaria. Casou o 29 de decembro de 1942, aos 14 anos, con Humberto Alfredo Bonafini, con quen tivo tres fillos, Jorge Omar, Raúl Alfredo e María Alejandra. En 8 de febreiro de 1977, o seu fillo máis vello Jorge Omar foi secuestrado e desaparecido, en La Plata, e o 6 de decembro dese ano ocorreulle o mesmo ao seu outro fillo home, Raúl Alfredo, en Berazategui. O 25 de maio de 1978, desapareceu tamén a súa nora, María Elena Bugnone Cepeda, esposa de Jorge.

Hebe de Bonafini foi presidenta da Asociación Nais da Praza de Maio desde 1979, onde destacou pola loita contra a impunidade dos culpábeis de delitos de lesa humanidade e por reivindicar a vida dos desaparecidos, rendendo homenaxes aos seus actos aínda en vida e non só a súa desaparición.

O seu esposo, Humberto Bonafini, faleceu en setembro de 1982.

En 1987, cando o músico británico Sting visitou o país, convidou a organización a subir ao escenario do estadio do River Plate. Durante a canción "They Dance Alone", as Nais pasearon no escenario ao compás da canción que inspiraran.«Sting con las Madres de Plaza de Mayo: “Ellas ya no danzan tan solas”», artigo no website Lahaine.org.

En 1991, Bonafini nunha emisión do programa El Perro Verde que era conducido polo xornalista español Jesús Quintero, a líder das Nais chamou ao entón presidente Carlos Menem «lixo», polo cal o mandatario a procesou por «desacato». En 1998, a Cámara de Apelacións considerou que a causa se encontraba prescrita e que o expresidente debía pagar os custos, que chegaban a 4500 pesos. O expediente foi elevado por Menem á Corte Suprema en 1999.«Hebe de Bonafini le pidió al juez Petracchi que apure una sentencia», artigo no periódico Página/12 (Buenos Aires) de 11 de setembro de 2002; consultado o 2011.

En 1996 ―durante o menemismo― Hebe de Bonafini foi ferida na cabeza pola policía nunha manifestación universitaria en repudio á reforma do estatuto da Universidade Nacional de La Plata e á Lei de Educación Superior, cando o Corpo de Infantaria da Policía Bonaerense exercía unha brutal represión. Ficou gravemente ferida e ficou co seu pano branco tinxido de vermello, mais declarou: «O sangue do pano é a ameaza máis forte deste goberno para dicir que paremos. [...] Non nos van parar! Nin un paso atrás, carajo!».«Historia de las Madres» , artigo no website da Asociación Madres de Plaza de Mayo.

En 1998, cando a banda U2 visitou Arxentina, os seus integrantes estiveron na organización das Nais e convidáronas a subir ao escenario na súa presentación. Alí, Hebe de Bonafini regalou o seu pano branco a Bono.

En varias oportunidades, Hebe de Bonafini sufriu ataques contra a súa persoa, persoas próximas e a asociación, desde insultos, ameazas de morte até torturas. En 2001, dúas persoas invadiron a casa de Bonafini e, non encontrando Hebe, torturaron a súa filla Alejandra, golpeándoa brutalmente e queimándoa con cigarros.Calderaro, Romina (2001): «Torturaron a la hija de Bonafini», artigo no diario Página/12 de 27 de maio de 2001. Consultado en 9 de febreiro de 2014.

Bonafini foi convidada a dar conferencias e palestras, tanto na Arxentina canto no exterior. Algúns dos lugares onde proferiu discursos foron: nun acampamento dos Sen Terra, no Mato Groso (no Brasil); en Chiapas (no México) co convite para apoiaren o Subcomandante Marcos; na Universidade da California, en Riverside (Estados Unidos) ao recibir un título Honoris Causa; A Habana (Cuba), onde nunha das oportunidades foi oradora nas conmemoracións do Primeiro de Maio; Asturias (no Estado Español), convidada polo Grupo de Apoio do País Vasco; Caracas (Venezuela) na Segunda Xornada de Saúde Mental; Porto Rico, na asemblea do Colexio de Avogados; Milán, Brescia, Verona, Turín, Rivoli, Riccione e Módena (na Italia), convidada polo Comité de Solidariedade Internacionalista Arco Iris; París (Francia), cando a fundación recibiu o Premio UNESCO de Educación pola Paz; Belgrado (Iugoslavia), para participar dun acto de repudio á guerra.«Hebe de Bonafini hablará el 1º de mayo en Cuba, invitada por Fidel», artigo no periódico Página/12 de 27 de abril de 2000; consultado o 2011.

Desde 2004 difunde o seu pensamento en programas de radio, como Transformaciones del Pañuelo Blanco (desde 2007) ou La Voz de las Madres.

Desde 2008 as Nais da Praza de Maio administran o chamado Centro Cultural Nuestros Hijos, no antigo campo de concentración ESMA (Escola Superior de Mecánica da Armada) en Buenos Aires.

En 2009 comezou a dar clases de cociña e política nese mesmo centro.Ludueña, María Eugenia: «La alquimista», artigo no periódico Página/12 de 25 de setembro de 2009; consultado en 2009.

Notas

Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Activistas polos dereitos humanos da Arxentina Categoría:Finados en 2022