O 10 de outubro é o 283º día do ano do calendario gregoriano (284º nos anos bisestos). Quedan 82 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1361: No castelo de Windsor (Inglaterra) Eduardo, o Príncipe Negro, casa con Xoana de Kent.
1526: O voivoda transilvano, Xoán Zapolya faise elixir rei, coa axuda dos turcos, contra Fernando de Hansburgo. 1770: Unha expedición, ao mando de Felipe González Ahedo, toma posesión da illa de Pascua no nome de España. 1789: Por "motivos humanitarios", o médico francés Joseph Ignace Guillotin propón unha nova máquina de execución: a guillotina. 1793: Comeza a época do Medo, derradeira etapa da Convención Montañesa. 1798: Os británicos ocupan a illa de Menorca. 1832: O comandante da goleta de guerra "Sarandi", Xosé María Pineda, ocupa as illas Malvinas no nome da Arxentina. 1840: Emítese no Reino Unido o primeiro selo de correos. 1843: A raíña Isabel II de España pon a primeira pedra do edificio do actual Congreso dos Deputados de Madrid. 1846: Voda de Isabel II de España co seu curmán o infante Francisco de Asís, no Palacio Real de Madrid. 1856: Inauguración en Madrid do Teatro da Zarzuela. 1858: Casamento de Rosalía de Castro con Manuel Murguía na Igrexa de San Ildefonso de Madrid. 1868: Carlos Manuel de Céspedes declara a independencia de Cuba, feito que dá orixe a Guerra dos Dez Anos. 1897: O químico alemán Felix Hoffman sintetiza o ácido salicílico do sabugueiro, predecesor da aspirina, fármaco que chegaría a ser o máis popular e consumido no mundo. 1898: España: A firma do tratado de París pon fin á guerra entre España e EUA por mor da illa colonial de Cuba. 1902: Incidentes entre obreiros e a Garda Civil en La Línea, cun saldo de 30 mortos e incontables feridos. 1902: Nace o "cabalo mecánico", antecesor do actual tractor. 1903: Estrea en Anveres da ópera “Princesa Raio de Sol”, de Paul Gilson. 1908: Inauguración das obras do túnel de ferrocarril transpirenaico por Canfranc (Huesca). 1908: Henri Farman establece un novo récord de velocidade con 52 km/h. 1912: Os rebeldes derrotan os gobernamentais no Escalón. 1913: O presidente estadounidense, Woodrow Wilson, fai estoura-la carga de dinamita que voa o derradeiro obstáculo para a unión das augas do Atlántico co Pacífico a través da Canle de Panamá. 1914: Fernando I, coroado rei de Romanía. 1916: Os submarinos alemáns estenden o seu raio de acción contra os buques mercantes aliados a todo o Atlántico, até as costas americanas. 1918: Rosa Luxemburg abandona a prisión preventiva. 1919: Estréase en Viena a ópera “A muller sen sombra”, de Richard Strauss. 1919: Inglaterra ratifica o tratado de Versalles. 1921: O exército español reconquista o monte Gurugú, fronte a Melilla. 1928: Publícase “O eu e o inconsciente”, de Carl Gustav Jung. 1929: Vólvese a permitir a entrada no país aos cregos estranxeiros. 1931: Constitución das JONS, pola fusión dos grupos políticos dirixidos por Ramiro Ledesma e Onésimo Redondo. 1932: Inauguración dunha xigantesca central eléctrica soviética sobre o Dniéper. 1933: Constitúese o cuarto Goberno constitucional da Segunda República Española, presidido por Diego Martínez Barrio. 1933: A Sociedade de Nacións crea un Alto Comisariado para os refuxiados, co fin de socorrer os alemáns que teñen que fuxir do seu país. 1934: Inaugúrase na Arxentina o XXXII Congreso Eucarístico Internacional. 1934: Restablécese a pena de morte para determinados delitos. 1935: Golpe de Estado que acaba coa República en Grecia. O xeneral Condylis é nomeado rexente para da-lo paso a Monarquía. 1935: O consello da Sociedade de Nacións constitúe un comité de sancións para o asunto de Etiopía. 1940: Ataque aéreo británico contra as instalacións portuarias de Cherburgo. 1941: Estréase a película Fantasía de Walt Disney. 1941: Fracasa o referendo para a anexión de Luxemburgo a Alemaña co 97% de abstencións. 1944: Os soviéticos cercan por completo o grupo de exércitos do norte alemán en Curlandia. 1945: É detido o coronel Perón, ex ditador da Arxentina, o que provoca a dimisión do goberno en pleno. 1946: Apróbase o borrador do tratado de paz entre Italia e Romanía. Albania recobra a súa independencia. 1947: Devolución a Italia dun tesouro en ouro valorado en 25 millóns de dólares, descuberto no norte de Italia polo V exército de EUA. 1950: Estréase en Barcelona a película Agustina de Aragón dirixida por Juan de Orduña e protagonizada por Aurora Bautista. 1951: Estrea en España da película Séptima página, dirixida por Ladislao Bajad e protagonizada por Rafael Durán, Alfredo Mayo e María Rosa Salgado. 1953: O emperador de Vietnam Bao-Dai reúne os líderes políticos para prepara-las negociacións con Francia, pero o congreso dexenera en pelexa. 1953: O guerrilleiro antifranquista Fermín Gutiérrez Lada cercado pola Garda Civil, suicídase en Argozón (Chantada). 1954: Francisco Franco presencia en Valencia as manobras da VI frota estadounidense.
1955: O ministro soviético de Asuntos Exteriores Viacheslav Molotov afirma que na URSS non se logrou aínda a construción do socialismo. 1957: Grave accidente no reactor nuclear británico de Windscale. 1958: Patrice Lumumba crea no Congo belga o Movemento Nacional Congolés. 1962: 100 chineses e 24 indios morren no curso das operacións militares no Nepal. 1963: Estréase en España a película Matar un reiseñor, protagonizada por Gregory Peck. 1963: Arxentina: Arturo Umberto Illia asume a presidencia da nación. 1964: Transmítese vía satélite o primeiro programa comercial, directamente dende o Xapón aos Estados Unidos. 1964: O francés Jean Paul Sartre renuncia ao Premio Nobel de Literatura. 1965: Turquía: A vitoria do Partido da Xustiza favorable ás iniciativas de EUA terá que facer fronte ás protestas dos estudantes de esquerdas. 1967: Celébranse eleccións en España para cubrir 108 procuradores en Cortes Españolas para o terzo familiar. 1968: En España 200 mestres non numerarios (PNN) da Facultade de Ciencias Económicas e Políticas deciden non iniciar, polo momento, ningunha actividade docente. 1968: Francia: A asemblea aproba a lei de orientación do ensino superior que marca dous grandes principios: autonomía e participación. 1970: Fiji obtén a independencia. 1971: O Partido Socialista Austríaco, encabezado por Bruno Kreisky, consegue a maioría absoluta nas eleccións celebradas para o Consello Nacional. 1972: A policía retirase das universidades de Madrid, ocupadas dende 1968. 1974: As eleccións lexislativas do Reino Unido dan como vencedor, por lixeira maioría, o Partido laborista, con tres escanos mais cos conservadores. 1978: Inauguración da mostra de Arte Vasco-78, en Bilbao. 1978: Kenya: Daniel Arap Moi sucede na presidencia a falecido Jomo Kenyatta e converterase no líder da KANU. 1979: Os vietnamitas de Camboxa acosan os khemeres vermellos, repregados no norte do país. 1980: Centos de mortos nun tremor que sacode a rexión alxerina de Al Asnam. 1983: Isaac Shamir, primeiro ministro do Goberno de Israel. 1983: Elementos antisandinistas provocan un incendio no porto nicaraguano de Corinto. 1984: Nicolás Ardito Barletta toma posesión do cargo de presidente de Panamá. 1984: O Papa Xoán Paulo II realiza unha escala de cinco horas en Zaragoza, na súa viaxe a Santo Domingo e Porto Rico. 1984: Polonia: Tralo asasinato do vicario da parroquia obreira e defensor popular, Jerzy Popielusko. Tres oficiais de seguridade serán detidos por este crime. miniatura|200px|Rainbow Warrior 1986: Dous terremotos na capital salvadoreña causan a morte a unhas 900 persoas, feridas a 10 000 e danos materiais a máis de 200 000. 1987: O ciclista italiano Francesco Moser bate o récord da hora de ciclismo e o deixa nos 48,637 km. 1988: Lubomir Strougal, primeiro ministro checoslovaco, presenta a súa dimisión oficial tras 18 anos no cargo e é substituído por Ladislav Adamec. 1989: O ministro de Industria e Enerxía, Claudio Aranzadi, presenta o novo Plan de Enerxías Renovables, polo que España deberá investir nos próximos sete anos 150 000 millóns de pesetas para equipara-la utilización de novas fontes enerxéticas previstas pola CE. 1991: Os "doce" aceptan, en Bruxelas, coa oposición do Reino Unido e Portugal, o futuro poder de codecisión lexislativa do Parlamento Europeo. 1992: Constitución do Padroado do Instituto Cervantes, co obxectivo de promove-la expansión do idioma español no mundo. 1993: O Movemento Socialista Panhelénico gaña as eleccións parlamentarias en Grecia co 48% dos votos. 1994: Akihito e Michiko inician en Madrid a primeira visita oficial na historia duns emperadores do Xapón a España. 1995: Prosegue o avance bosníaco-croata sobre o oeste de Bosnia e Hercegovina coa conquista de Mrkonjic e Sanski Most, derradeira defensa de importancia na ruta que leva a Banja Luka. 1997: Premio Nobel da Paz a Campaña Internacional contra as Minas Antipersoas (ICBL). 1997: O Consello de Ministros aproba o Real Decreto que regula o Himno Nacional español. Días antes, o Estado adquirira os dereitos da "Marcha Real" por 130 millóns de pesetas. 1999: O Partido Socialista de Portugal vence nas eleccións xerais celebradas neste país, aínda que sen maioría absoluta. 1999: O equipo español de golf, integrado por José María Olazábal, Miguel Ángel Jiménez e Sergio García, gaña por primeira vez a copa Dunhill, considerada como o campionato do mundo por equipos. 1999: Óscar Freire gaña con 23 anos o Campionato do Mundo de ciclismo en ruta. Repite así a conquista de Abraham Olano en 1995. 2000: Jack S. Kilby recibe o Premio Nobel de Física "ex aequo" con Herbert Kroemer e Zhores Alfiorov. 2000: Os estadounidenses Alan Heeger e Alan McDiarmid e o xaponés Hideki Shirakawa reciben o Premio Nobel de Química. 2002: 25 persoas morren ao estourar unha bomba colocada pola guerrilla separatista chechena nunha comisaría de policía no Grozni. 2002: Co asasinato en Virxinia dun home que recargaba nunha gasolineira, o "francotirador de Washington" cóbrase a súa novena vítima. 2002: Un millón de persoas, convocadas pola Coordinadora Democrática, concéntrase en Caracas para esixir a dimisión do presidente venezolano Hugo Chávez. 2002: O poeta valenciano Carlos Marzal gaña o Premio Nacional de Poesía coa súa obra “Metais pesados”. 2003: O príncipe Johan Friso dos Países Baixos, segundo fillo da raíña Beatriz, renuncia os seus dereitos sucesorios para casar con Mabel Wisse. 2003: O Goberno español denega o indulto aos "Albertos" (Alberto Cortina e Alberto Alcocer); coñecidos empresarios, condenados por un delito de estafa e falsidade documental. 2003: O rei de Marrocos, Mohamed VI, impulsa unha reforma legal contra a discriminación das mulleres.
Nacementos miniatura|100px|Mercè Rodoreda miniatura|100px|Tanya Tucker miniatura|100px|Gavin Newsom 1684 - Jean Antoine Watteau, pintor francés. 1731 - Henry Cavendish, físico e químico británico. 1738 - Benjamin West, pintor estadounidense. 1777 - Heinrich von Kleist, poeta e dramaturgo alemán. 1813 - Giuseppe Verdi, compositor italiano. 1830 - Isabel II, raíña de España. 1834 - Aleksis Kivi, escritor finlandés. 1839 - Francisco Giner de los Ríos, filósofo e pedagogo español, fundador da Institución Libre de Enseñanza. 1841 - José Calderón Díaz, picador de touros español. 1854 - Francisco Tettamancy Gastón, escritor galego (m. 1921). 1856 - Luis Mazzantini e Eguia, matador de touros español. 1860 - Joan Maragall, escritor español en lingua catalá. 1861 - Fridtjof Nansen, explorador noruegués, científico, político, escritor, Premio Nobel da Paz 1938. 1892 - Ivo Andric, novelista serbocroata laureado co Premio Nobel de Literatura 1961. 1895 - Lin Yutang, escritor chinés. 1900 - Helen Hayes, actriz estadounidense. 1901 - Alberto Giacometti, escultor suízo (m. 1966). 1906 - Leo Mathisen, pianista e cantante de jazz dinamarqués (m. 1969). 1908 - Mercè Rodoreda, escritora catalá (m. 1983).