miniatura|Brulotes da Armada hispánica Un brulote (do francés brûlot, de brûler, que significa queimar)Uslar Pietri (2003) é un barco cheo de explosivos, combustibles e inflamables como a pólvora ou lume grego,de Paula (1851), p. 905-906 e dotada de ganchos nos penoles das súas vergas e bauprès. Empregábase para incendiar os buques de guerra inimigos ancorados ou para destruír as obras dos portos e as pontes que cruzaban os ríos. Xeralmente, eran aproveitados os cascos de barcos e buques moi envellecidos para convertelos en brulotes.
Ás veces, o brulote, quedaba abandonado á deriva impulsado pola corrente ou polos ventos e, outras, tentábase colocar preto do obxectivo durante a noite. Tras quedar engachado polos ganchos de abordaxe, prendíaselle lume para que incendiase o obxectivo mentres a tripulación que o achegara fuxía en botes.
Historia Aínda que foron moi usado durante os séculos XVI e XVII, a súa orixe pode ser rastrexar até a Antigüidade clásica pois os tirios empregaron esta clase de buques contra Alexandre o Grande,El Instructor (1836), p. 47 e tamén para apoia-la frota cartaxinesa contra a mariña romana. O seu uso foi moi relevante durante o sitio de Anveres (1584-1585) por Alexandre Farnesio, cando o enxeñeiro GianibelliD'W. M. (1863), p. 109 utilizounos para intentar destruír a ponte de barcas construída sobre o río Escalda. Tamén os empregaron os ingleses contra a Armada InvencibleRodríguez García & Castilla Soto (2005), p. 22 e outro episodio foi durante o combate de Tolon en 1744.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
O contido deste artigo incorpora material do tomo 9 da Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana (Espasa), cuxa publicación foi anterior a 1938, polo que se atopa no dominio público.
Categoría:Incendios Categoría:Barcos de guerra