Dúngal mac Selbaig foi rei de Dalriada. O seu reinado pode situarse entre os anos 723 e 726,Marjorie O. Anderson Kings and Kingship in Early Scotland, John Donald, 3ª edición, 2011, p.228 comezando coa abdicación do seu pai, Selbach mac Ferchair, que entrou nun mosteiro, e rematando co alzamento de Eochaid mac Echdach dos Cenél nGabráin. O poema medieval Duan Albanach chama a Dúngal o Impetuoso, e di que reinou durante sete anos.

Durante unha xeración antes do reinado de Dúngal, os Cenél Loairn enfrontáronse ós Cenél nGabráin polo control de Dalriada. Semella que o pai de Dúngal conseguira derrotar ó seu rival pouco antes de abdicar. Por calquera que sexa a razón, Dúngal perdeu axiña o poder fronte ós Cenél nGabráin. O seu pai abandonou o mosteiro e tentou recuperar o poder para o seu fillo, pero non foi quen.

Notas

Categoría:Reis de Dalriada Categoría:Nados en ano descoñecido