O Unionistas de Salamanca Club de Fútbol é un club de fútbol español da cidade de Salamanca, en Castela e León. Actualmente compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF.
Foi fundado o 26 de agosto de 2013 por varios membros da Platamorma de Aficionados Unionistas e outros seguidores e afeccionados da UD Salamanca como homenaxe a ese equipo, desaparecido o 18 de xuño do mesmo ano. O club é xestionado democraticamente polos seus propios afeccionados, cun voto por cada socio.
Estadio O equipo xoga os seus partidos no Estadio Municipal Reina Sofía, propiedade do Concello de Salamanca, con capacidade para 4.895 espectadores.
Na tempada 2014/15 xogou os seus partidos no campo municipal Rosa Colorado, coñecido comunmente como "La Sindical", e posteriormente xogou nas Pistas do Helmántico, ata a construción das actuais instalacións.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 3 (incluída a 2020/21) Tempadas en 3ª: 2
Historial por tempadas TempadaCategoríaPostoCopa2014/151ª Provincial1º2015/161ª Rexional1º2016/173ª3º2017/183ª1º2018/192ª B9º2ª rolda2019/202ª B16º1/32 de final2020/212ª B / 2021/221ª RFEF7º2ª rolda2022/231ª Fed.7º2023/241ª Fed.
Palmarés Terceira División (1): 2017-18 Rexional de Castela e León (1): 2015-16 Provincial de Salamanca (1): 2014-15
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol de Castela e León Categoría:Equipos do grupo 1 da Primeira División RFEF Categoría:Salamanca