Astican (acrónimo de Astilleros Canarios) é unha empresa do sector naval con sede nas Palmas de Gran Canaria, adicada á reparación de buques e plataformas petrolíferas.
Historia A empresa foi fundada en 1972 polo Instituto Nacional de Industria como factoría de reparacións navais."Semana histórica de Astican" , La Provincia, 29 de abril de 2018 . Cun capital social de cen millóns de pesetas. O 50% do capital social sería do INI, o 40 % de tres filiais da Caja Canaria (Condeca, Protucasa e Coinsa), e o outro 10 % restante da agrupación de reparadores do porto das Palmas de Gran Canaria."El olvidado de Astilleros Canarios", La Provincia, 25 de febreiro de 2013 . En 1989 foi privatizada e vendida ao grupo Italmar, con capital grego e canario, por 600 millóns de pesetas.
Notas
Categoría:Empresas de construción naval