Ferran Hurtado Sanchis, nado en Tavernes Blanques o 6 de marzo de 1913 e finado en Manresa o 15 de novembro de 2001, foi un pintor, delineante, profesor e crítico de arte valenciano.
Traxectoria
Residiu en Manresa desde comezos da década de 1940. Licenciado en pintura e debuxo, foi discípulo de Ricardo Verde Rubio e Martín Vidal Corella.«Museu Comarcal de Manresa [Consulta: 4 xuño de 2018].
Foi profesor de debuxo no Instituto Lluís de Peguera e na Escola de Artes e Oficios en Manresa.
Exerceu a crítica e divulgación da arte a través de artigos, conversas en radio e conferencias. As súas obras están no museo de Igualada e o Museo Rexional de Manresa.
Foi autor e coautor de libros de texto na súa especialización docente. Na década de 1960 escribiu, polo menos, tres libros coa Editor Cosmos chamado Dibujo, Dibujo Lineal e Metodología de dibujo.
A súa primeira exposición foi en Manresa, no Teatro Kursaal de Manresa en 1942. Fixo exposicións individuais (por exemplo en La Plana de l'Om) e colectivas.
Vida persoal
Casou coa pintora Amparo Díaz Fernández.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Arquivo da Universidade Autónoma de Barcelona Rexistros persoais no Museo de Manresa "El Museo Benlliure (Valencia) rinde homenaje al pintor Vidal Corella, representante de la Escuela Levantina", Europa Press, 26 de setembro de 2006 .
Categoría:Nados en 1913 Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Finados en 2001 Categoría:Pintores da Comunidade Valenciana