Julián Iglesias del Río, nado no Carril en 1898 e finado no Pousadoiro o 22 de agosto de 1936, foi un sindicalista anarquista galego.
Traxectoria Traballou durante algún tempo no porto de Nova York. Consta a súa chegada aos Estados Unidos de América en 1920 nos rexistros da Fundación da Illa de Ellis. Ocupou cargos directivos, entre eles o de presidente do Sindicato de Estibadores do Carril na Segunda República.«Todo isto debeuse facer moito antes», La Voz de Galicia, 31 de agosto de 2006. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado dos falanxistas que o acosaban e atemorizaban á súa esposa e catro fillos pequenos. Presentouse ás novas autoridades e foi asasinado dun disparo na cabeza xunto co seu compañeiro da CNT e veciño, Eduardo Ferreirós Boullosa. A súa morte foi rexistrada na capela de Santo Antoniño (Cea, Vilagarcía de Arousa). A súa viúva, Juana Ramona Rey, tivo noticia do acaecido grazas ás leiteiras de Caldas. Déuselle sepultura na fosa 489 do camposanto de Rubiáns e, tempo despois, os seus restos foron trasladados ao cemiterio do Carril. O seu irmán máis novo, José Iglesias del Río, tamén sufriu persecución e represalias do franquismo na Illa de San Simón.
Vida peroal
Casou con Juana Ramona Rey. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1936