A orde de insectos notópteros (Notoptera) é un grupo proposto en 1915, que foi moi pouco utilizado desde a súa concepción orixinal; porén, nas clasificacións máis recentes da liñaxe dos insectos que inclúen os Grylloblattodea e os Mantophasmatodea, este nome foi recuperado e redefinido para referirse a unha soa orde que inclúe todos os fósiles e representantes vivos destas dúas liñaxes.
Tal como se define actualmente, esta orde comprende catro familias, dúas delas coñecidas só por fósiles, e as outras dúas teñen tanto fósiles coma especies vivas, e hai en total menos de 60 especies coñecidas.
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Grylloblattidae Mantophasmatidae
ligazóns externas
Categoría:Notópteros