A terra baldía (en ) é un poema longo por T. S. Eliot, amplamente considerado como un dos poemas máis importantes do século XX e un traballo central de poesía modernista. Publicado en 1922, o poema de 434 liñas foi publicado no Reino Unido no número de outubro de The Criterion, e nos Estados Unidos no número de novembro de The Dial. Foi publicado en forma de libro en decembro de 1922. Entre as súas frases máis famosas están "April is the cruellest month", "I will show you fear in a handful of dust", e o mantra en lingua sánscrita "Shantih shantih shantih".
Foi traducido ó galego por Armando Requeixo e María Fe González e publicado por Follas Novas en 1998.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1922 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego