O deserto vermello (en ) é un filme italiano dirixido por Michelangelo Antonioni e protagonizado por Monica Vitti e Richard Harris. Escrito por Antonioni e Tonino Guerra, o filme trata sobre unha muller que tenta sobrevivir no mundo moderno da neurose cultural e a dúbida existencial. O primeiro filme a cor de Antonioni, O deserto vermello salienta polo seu deseño escénico; o traballo ten lugar en gran medida en paisaxes industriais que foron interpretadas como correlativas do malestar, alienación e percepcións vivas da personaxe principal. O seu título inicial foi Celeste e verde.Brunette, Peter. The Films of Michelangelo Antonioni. Cambridge University Press, 1998, p. 169.

Estreouse en galego o 25 de novembro de 2001 a través da TVG.

Personaxes Monica Vitti como Giuliana Richard Harris como Corrado Zeller Carlo Chionetti como Ugo Xenia Valderi como Linda Rita Renoir como Emilia Lili Rheims como muller do operador do telescopio Aldo Grotti como Max Valerio Bartoleschi como fillo de Giuliana Emanuela Paola Carboni como rapaza Giuliano Missirini como operador do telescopio

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1964 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes dirixidos por Michelangelo Antonioni Categoría:Filmes gañadores do León de Ouro Categoría:Filmes rodados en Sardeña Categoría:Filmes de 1964 con versión en galego