Annemarie Moser-Pröll, nada en Kleinar (Salzburgo) o 27 de marzo de 1953 é unha ex-esquiadora austríaca. Foi a esquiadora alpina de máis éxito na década de 1970, con seis títulos xerais, incluídos cinco consecutivos. Moser-Pröll logrou os seus maiores triunfos en descenso, slálom xigante e cominada. En 1980, o último ano que competiu, obtivo a súa terceira medalla olímpica, primeira de ouro e gañou cinco carreiras da Copa do Mundo.

Traxectoria Durante a súa carreira, Moser-Pröll gañou a Copa do Mundo en seis ocasións, incluíndo cinco consecutivas (1971-75). Logrou 62 vitorias na Copa do Mundo, segunda muller en número de vitorias tras Lindsey Vonn. Aínda así, continúa a ser a mellor muller en porcentaxe de vitorias xa que nesa época disputábanse poucas carreiras. Gañou cinco títulos de campionato do mundo (3 en descenso e 2 en combinada) e unha medalla de ouro olímpica. Entre 1973 e 1974 gañou once carreiras de descenso consecutivas.

O camiño á súa primeira e única medalla olímpica de ouro foi longo: nos Xogos Olímpicos de 1972 en Sapporo, estaba considerada a favorita en descenso e slálom xigante, mais nas dúas modalidades acabou segunda detrás da suíza Marie-Theres Nadig. Tras obter o seu quinto título mundial consecutivo, interrompeu a súa carreira para coidar o seu pai, enfermo de cancro de pulmón, perdendo a tempada completa da Copa do Mundo e os Xogos Olímpicos de 1976, que tiñan lugar no seu país, en Innsbruck. Trala morte do seu pai en xuño de 1976, volveu ao esquí competitivo de novo entre as mellores, finalizando segunda na Copa do Mundo en 1977 e 1978 e gañando a de 1979. Nos Xogos Olímpicos de 1980 en Lake Placid, conseguiu finalmente a medalla de ouro en descenso, coa súa rival de 1972 Marie-Theres de novo no podio, tras obter a medalla de bronce.

Varias semanas despois dos Xogos Olímpicos de 1980, retirouse do esquí competitivo e montou o seu propio café, "Weltcup-Café Annemarie" en Kleinarl, que decorou coa súa extensa colección de copas e trofeos. En 2008, meses despois da morte do seu home, retirouse do negocio e vendeu o establecemento a investidores locais, que o mantiveron co nome de "Café-Restaurant Olympia."

Vida privada A súa irmá máis nova, Cornelia Pröll, tamén foi esquiadora olímpica.

Casou con Herbert Moser en 1974 e a súa filla Marion naceu en 1982.

Resultados da copa do mundo Tempada Idade Resultado Slálom XiganteSlálom Super Xigante Descenso Combinada 1969 15 16 15 — A primeiraWC SG femininativo lugaren xaneirode 1983 5 Oficialmentesó se disputouen 1976e 1980 1970 16 6 14 3 8 1971 17 1 3 1 1 1972 18 1 9 1 1 1973 19 1 18 2 1 1974 20 1 5 7 1 1975 21 1 4 1 1 1976 22 non participou 1977 23 2 11 3 2 1978 24 2 8 5 1 1979 25 1 2 12 1 1980 26 2 3 7 2 2

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas FIS-ski.com – World Cup season standings – Annemarie Moser-Pröll – 1969–80 Ski-db.com – resultados – Annemarie Moser-Pröll Annemarie-Mose-Proell.at – páxina persoal

Categoría:Nados no estado de Salzburgo Categoría:Nados en 1953 Categoría:Esquiadores alpinos olímpicos de Austria Categoría:Medallistas olímpicos en esquí alpino Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Austria Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Austria Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1972 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1972 Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980