O Boston Globe é un xornal americano, o diario de maior circulación en Boston, Massachusetts e Nova Inglaterra. Pertence á New York Times Company. É detentor de 19 premios Pulitzer. Situación financeira O Boston Globe foi listado en marzo de 2009 pola revista Time como un dos dez xornais americanos máis ameazados de peche. De acordo coa reportaxe, o xornal estaría perdendo un millón de dólares por semana e o seu valor de mercado baixaría só 20 millóns de dólares. Na mesma época foi anunciado que un tabloide semanal deportivo publicado polo Globe dende o 25 de setembro de 2008, chamado OT, sería pechado por falta de anunciantes, aínda que a recepción dos lectores á publicación fose "favorábel". O tabloide, cunha tiraxe de 13 500 copias, cada unha vendida a 50 centavos, facía a cobertura dos equipos profesionais de Boston dunha maneira máis abranguente que o informativo diario.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Xornais en lingua inglesa Categoría:Xornais dos Estados Unidos de América Categoría:Massachusetts