O quadrussis (voz latina; plural quadrusses) foi unha primitiva moeda da Antiga Roma de bronce fundido, utilizada en tempos da República e co valor de catro ases do sistema libral.“Quadrussis ”. En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com“Quadrussis”. En Forum ancient coins.“Multiple of the as”. En Roman bronce coins . www.monete-romanae“Quadrussis” e “Quatrussis”. En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxina 193.
Caracterización Esta enorme moeda, fundida e de forma rectangular, tiña, por tanto, o peso de catro libras, ou o que é o mesmo, arredor de 1.296 gramos.Doursther, Horace. (1840). “Quadrussis”. Páxina 466.Frey, Albert R. A dictionary of numismatic names, their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol. 50. American Numismatic Society, 1917. Páxina 193.
Os escasos exemplares coñecidos non amosan lendas de ningún tipo, mais si diferentes marcas e motivos en ambas as súas faces, como aguias, Pegasos, bois etc.Meynaerts. “Note sur un quadrussis inédit". Revue de la Numismatique Belge. Tomo II. Bruxelas, 1846. Páxinas 147-149.Stevenson, W. (1889). “Quadrussis”. Páxina 673.
Canto á súa época de emisión, Meynaerts postula que se debe corresponder co século VII a. de C.Meynaerts (1846). Páxina 148.
Como marca de valor amosa catro barras verticais, representativas do seu valor de catro ases e o seu peso de catro libras.Babelon, E. (1885). Introdución. Páxina IX.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda da Antiga Roma
Bibliografía
Babelon, E. Description Historique et Chronologique des Monnaies de la République Romaine Vulgairement Appelées Monnaies Consulaires. Vol 1.París-Londres. 1885. Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. Cambridge University Press, 1974. ISBN 0-521-07492-4 Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3 Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305 Doursther, Horace. Dictionaire universel des poids et mesures anciens et modernes. Acadèmie Royale. Bruxelas, 1840. Stevenson, W. Et al. Dictionary of Roman Coins. George Bell and Sons. Londres, 1889. Páxina 673.
Ligazóns externas
Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma)
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso