British Aerospace plc (BAe) foi un fabricante de avións, munición e sistemas de defensa británico. A súa sede atopábase en Warwick House, no Farnborough Aerospace Centre de Farnborough, Hampshire. Formada en 1977, no ano 1999 mercou Marconi Electronic Systems, a subsidiaria de electrónica de defensa e de construción naval de General Electric Company, para formar BAE Systems.

Historia

Formación e privatización A compañía ten a súa orixe na Lei de industrias aeronáuticas e de construción naval de 1977, que pediu a nacionalización e fusión da British Aircraft Corporation, Hawker Siddeley Aviation, Hawker Siddeley Dynamics e Scottish Aviation. A nova entidade formouse o 29 de abril de 1977 no Reino Unido como unha corporación estatutaria.

Segundo as disposicións da Lei para British Aerospace de 1980 (c. 26), o 1 de xaneiro a corporación estatutaria foi transferida a unha sociedade mercantil, que despois se volveu a rexistrar como unha public limited company (plc), baixo o nome de "British Aerospace Public Limited Company", o 2 de xaneiro de 1981. BAe foi privatizada en dúas fases principais, a primeira en febreiro de 1981 coa venda do 51,6% das accións da empresa. A segunda foi en maio de 1985 vendéndose o 48,4% restante. O goberno británico mantivo unha acción doutro de 1 libra, o que lle permitía vetar o control estranxeiro do consello ou da empresa.

Programas British Aerospace herdou varios programas de desenvolvemento dos seus predecesores. Scottish Aviation estaba traballando nun proxecto para un turbohélice de 19 pasaxeiros, unha versión actualizada do Handley Page Jetstream. BAe puxo o Jetstream 31 en produción tras o primeiro voo do prototipo en marzo de 1980. Ao mesmo tempo, a produción do reactor executivo HS 125, do caza VTOL Harrier e do turbohélice de pasaxeiros HS 748 de Hawker Siddeley continuou con BAe, igual que o reactor de pasaxeiros Trident durante pouco tempo. Do mesmo xeito, tamén continuou a produción a baixo ritmo do avión a reacción One-Eleven e o avión de ataque militar de dous asentos Strikemaster da British Aircraft Corporation, así como a do icónico avión supersónico Concorde.

O 29 de xullo de 1976, menos dun ano despois da formación de BAe, asinouse o contrato para a produción do primeiro lote do Panavia Tornado, un avanzado cazabombardeiro con capacidade nuclear.Long, Wellington. "Swing-Wing Wonder Weapon Is Going Into Production." Ludington Daily News,24 de agosto de 1976 Foi desenvolvido e producido a través dunha empresa multinacional, Panavia Aircraft GmbH, da cal BAe foi unha das principais empresas implicadas.Segell 1997, p. 124Morris, Joe Alex Jr. "Messerschmitt Back in Business". St. Petersburg Times. 30 de abril de 1969 O 10 de xullo de 1979 realizouse o primeiro voo dun Tornado de produción. Ese mesmo verán entregáronse os primeiros avión á RAF e á Luftwaffe. O 25 de setembro de 1981 entregouse o primeiro Tornado italiano.

O Tornado sería producido en grandes cantidades, sendo o avión 500 completado e entregado a Alemaña occidental o 19 de decembro de 1987.Taylor 1987, p. 58 A fabricación do Tornado rematou e 1998 e o derradeiro lote foi entregado á Real Forza Aérea de Arabia Saudita, que pedira un total de 96 Tornado IDS.Jackson et al. 1998, p. 241 O autor de aviación Jon Lake destacou que "O Consorcio Trinacional Panavia produciu pouco menos de 1 000 tornados, o que o converte nun dos programas de bombardeiros de posguerra máis exitosos".Lake 2002, pp. 446, 455 miniatura|245x245px|Avro RJ100 de BRA en Visby En 1978 BAe relanzou o BAe 146, un avión rexional de curta distancia no que traballara previamente Hawker Siddeley. A compañía comercioalizouno como un avión de pasaxeiros compacto con turborreactores silencioso e económico que podería substituír a anteriores xeracións de turbohélices.Hewish 1982, p. 857 En 1982 o primeiro exemplar realizou o seu voo de estrea.Velupillai 1981, p. 1244Hewish 1982, p. 858 Tras a súa posta en servizo ao ano seguinte, foi aclamado como "o reactor de pasaxeiros máis silencioso do mundo"."Coming: Smaller Jetliners." Popular Mechanics, September 1984. 161(9), p. 98 En 1993, un modelo actualizado do BAe 146, denominado serie Avro RJ, substituíu ao orixinal; entre os cambios estaba a substitución dos motores orixinais Lycoming ALF 502 por outros LF 507 de máis pulo, que foron colocados en góndolas redeseñadas. A serie Avro tamén ten unha cabina de mando modernizada con EFIS substituíndo á instrumentación analóxica dos motores, do horizonte artificial e do indicador de situación horizontal. A produción do Avro RJ rematou sendo os catro derradeiros aparellos entregados a finais de 2003; un total de 173 Avro RJ foron entregados entre 1993 e 2003.

BAe desenvolveu varios modelos avanzados da familia Harrier. En 1978 a Royal Navy recibiu o primeiro BAe Sea Harrier dun pedido inicial de 24.Bull 2004, p. 120Grove 1987, pp. 319-320 O Sea Harrier foi declarado operativo tres anos despois, sendo incicialmente embarcado tanto no HMS Invincible como no máis vello HMS Hermes. Tras o seu papel decisivo na guerra das Malvinas de 1982,Sloyan, Patrick J (23 de maio de 1982). "Sea Harrier changes face of air warfare". Tri City Herald. varias das leccións aprendidas do conflito conformaron un novo programa de actualización da frota autorizada en 1984, dando como resultado o Sea Harrier FRS.2 (despois coñecido como FA2). O primeiro voo do prototipo foi en setembro de 1988 e asinouse un contrato por 29 avións actualizados en decembro dese mesmo ano."First Flight for Sea Harrier FRS2". 10 (13). Janes Defense Weekly. 1 de novembro de 1988: 767 O Sea Harrier FA2 estaba equipado con radar Blue Vixen, que foi descrito como un dos sistemas de radar de pulso doppler máis avanzados do mundo. miniatura|240x240px|Sea Harrier FRS1 En agosto de 1981 BAe e o fabricante estadounidense McDonnell Douglas asinaron un memorándum de entendemento con respecto ao McDonnell Douglas AV-8B Harrier II.Wilson 2000, p. 26 Baixo este acordo, BAe era efectivamente un subcontratista en lugar de un socio completo, recibindo o 40% da cota de traballo da célula en termos de horas de traballo. A produción tivo lugar nas instalacións de McDonnell Douglas nos suburbios de St. Louis, Missouri, e a fabricación de BAe realizouse nas súas instalacións de Kingston e Dunsfold facilities en Surrey, Inglaterra.Gaines 1985, p. 148 A variante mercada pola RAF, que foi coñecida como o BAe Harrier II, tiña moitas diferenzas, como o armamento, a aviónica e o equipamento; a á do GR5 presentaba un bordo de ataque de aceiro inoxidable, dándolle características de flexión diferentes do AV-8B."Aerospace, Volume 20." Royal Aeronautical Society, 1993, p. 14 En decembro de 1989 o primeiro escuadrón da RAF en ser equipado co Harrier II foi declarado operativo.Nordeen 2006, p. 68

En 1979 BAe uniuse oficialmente ao fabricante multinacional de aeronaves Airbus e adquiriu unha participación do 20% na empresa.Rinearson, Peter (19 June 1983). "A special report on the conception, design, manufacture, marketing and delivery of a new jetliner - the Boeing 757". The Seattle Times A medida efectivamente reverteu unha decisión tomada dez anos antes na que o goberno do Reino Unido retirara o seu apoio ao consorcio Airbus. O primeiro avión de Airbus, o A300, recibíuse con pouca demanda inicial, pero os pedidos para o avión aumentaron a finais dos anos 70. En 1979 o consorcio tiña 256 pedidos para o A300, e Airbus xa lanzara o seu segundo avión de pasaxeiros, o A310, menos de 12 meses antes de que BAe se incorporase formalmente ao consorcio. Co paso do tempo, foi quedando claro que Airbus xa non era unha colaboración temporal para producir un deseño único segundo a súa declaración de misión orixinal, e converteuse nunha marca a longo prazo para o desenvolvemento de máis avións. A finais dos anos 80 o consorcio comezou a traballar nun par de avións de pasaxeiros de fuselaxe ancha, e estes lanzaríanse na década de 1990 como Airbus A330 e Airbus A340.Frawley, Gerald. "Airbus A330-200". "Airbus A330-300". The International Directory of Civil Aircraft, 2003/2004. Aerospace Publications, 2003. ISBN 1-875671-58-7 miniatura|240x240px|British Aerospace EAP en 1986 Durante o Paris Air Show de 1983, anunciouse o lanzamento do Experimental Aircraft Programme (EAP) para desenvolver e voar un caza demostrador de tecnoloxía avanzada; neste punto, o esforzo pretendía ser unha asociación entre Reino Unido e varios dos seus veciños europeos, incluíndo Alemaña Occidental e Italia. O avión resultante, o British Aerospace EAP, acabou sendo desenvolvido principalmente por BAe como unha empresa privada; constituíu a base do multinacional Eurofighter Typhoon. En 1986, xunto con Alenia Aeronautica, CASA e DASA, BAe formou a Eurofighter GmbH para o desenvolvemento e produción do Eurofighter.Cowton, Rodney (7 de xuño de 1986). "Eurofighter partners: West Germany, Britain, Italy and Spain". The Times A sede da organización multinacional estableceuse en Hallbergmoos, Baviera, Alemaña. O voo inaugural do prototipo Eurofighter tivo lugar en Baviera o 27 de marzo de 1994, pilotado polo piloto xefe de probas de DASA, Peter Weger. O 30 de xaneiro de 1998 asinouse o primeiro contrato de produción do Eurofighter entre Eurofighter GmbH, o fabricante de motores Eurojet e a OTAN Eurofighter and Tornado Management Agency, a organización creada para xestionar a adquisición do avión.

O 26 de setembro de 1985 os gobernos de Reino Unido e Arabia Saudita asinaron o acordo de armas de Al-Yamamah con BAe como contratista principal. Os contratos, prorrogados na década de 1990 e nunca totalmente detallados, implicaban a subministración de avións de ataque e defensa aérea Panavia Tornado, avións de adestramento BAe Hawk, sistemas de mísiles Rapier, obras de infraestrutura e buques navais.Donne, Michael (12 de agosto de 1987). "BAe Hands Over First Part of Saudi Aircraft Order". Financial Times. p. 6 Os acordos de Al Yamamah están valoradas en ata 20 000 millóns de libras esterlinas e aínda seguen proporcionando unha gran porcentaxe dos beneficios de BAE Systems.Fildes, Nic (19 de agosto de 2006). "BAE confirms £5bn Eurofighter sale to Saudi Arabia". The TimesSteiner, Rupert (10 de setembro de 2006). "BAE clinches new £2.5bn Tornado deal with Saudis". The Business

Adquisicións e reestruturacións BAe mercou Royal Ordnance, fabricante de armamento británico, por £190 millóns o 22 de abril de 1987. O especialista alemán en armamento Heckler & Koch foi incorporado a esta división despois de que BAe o adquirise catro anos despois.

En 1988 BAe comprou o Rover Group ao goberno británico de Margaret Thatcher por £ 150 millóns. A venda foi controvertida debido aos acordos financeiros opacos entre o goberno e BAe; porén, a Comisión de Comercio e Industria da Cámara dos Comúns cre que "a pesar dun catálogo de queixas, o comité conclúe que a venda a BAe ben puido ser a mellor solución para o goberno".Cassell, Michael (22 de febreiro de 1991). "The Rover Report; 'British Aerospace drove a hard bargain'". Financial Times