A praia do Raso é un areal situado na enseada de Ares, ría de Ares. É continuación polo leste da praia de Seselle. É unha praia de augas tranquilas e pouco profundas. Principalmente visitada por familias. Hai un camping chamado O Raso con acceso directo ao areal. A praia está pechada contra vivendas unifamiliares e como accesos hai pequenos e estreitos camiños. Toda a liña de costa é propiedade privada.

O Raso