Katrín Jakobsdóttir, nada en Reiquiavik o 1 de febreiro de 1976, é unha política islandesa e a Primeira Ministra de Islandia dende 2017. Membro do Althing (parlamento islandés) dende 2007, foi ministra de Educación, Ciencia e Cultura entre o 1 de febreiro de 2009 e o 23 de maio de 2013, e presidenta do Movemento de Esquerda-Verde (Vinstrihreyfingin – grænt framboð) dende o 23 de febreiro de 2013.

Traxectoria Educación Katrín graduouse na Universidade de Islandia en 1999 como licenciada en islandés e francés, e en 2004, pola mesma universidade, obtivo un mestrado en artes. A súa tese versou sobre a obra do escritor islandés de novela negra Arnaldur Indriðason.

Carreira política En 2007 foi elixida parlamentaria pola circunscrición norte de Reiquiavik. No parlamento integrou os comités de educación e cultura, e de economía e impostos.

En febreiro de 2009, logo de que o goberno de centrodereita dirixido por Geir H. Haarde dimitise por mor das protestas polo negativo impacto da crise financeira en Islandia, Katrín pasou a formar parte dun goberno provisional integrado polo seu partido en coalición coa Alianza Socialdemócrata, no que asumiu o cargo de ministra de Educación, Ciencia e Cultura. O 26 de abril de 2009, logo dunha contundente vitoria electoral da coalición de socialdemócratas, esquerdas e verdes, foi confirmada no seu ministerio.«Islandia da la victoria a la izquierda» Reuters España, 26 de abril de 2009. Consultado o 22 de xuño de 2016.

Como ministra, Katrín levou adiante unha novidosa política de promoción da industria creativa como medio para remontar os efectos da crise económica financeira.«Viaje al milagro cultural islandés» El País, 3 de marzo de 2013. Consultado o 11 de abril de 2014 Deixou o seu cargo o 23 de maio de 2013, despois de que as eleccións de 27 de abril de 2013 desen a vitoria á oposición de centrodereita.

O 23 de febreiro de 2013 foi elixida presidenta do Movemento de Esquerda-Verde (Vinstrihreyfingin – grænt framboð).

O 30 de novembro de 2017 asumiu o cargo como primeira ministra de Islandia, unha vez que se logrou unha coalición entre o Movemento de Esquerda-Verde, o Partido da Independencia e o Partido Progresista, que xuntos sumaron 35 dos 63 escanos do Althing.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Nordic Labour Journal: Katrín Jakobsdóttir - party leader during times of change

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Reiquiavik Categoría:Primeiros ministros de Islandia