Augmented Target Docking Adapter, coñecido tamén polo seu acrónimo ATDA, foi un vehículo espacial non tripulado usado como obxectivo para cita espacial da misión Gemini 9. Foi lanzado o 1 de xuño de 1966 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral mediante un foguete Atlas SLV-3.
Características O ATDA foi preparado como apoio en caso de fallo do vehículo de cita principal, o Gemini Agena Target Vehicle, como así ocorreu. O ATDA tiña forma de cilindro de 1,52 m de diámetro e 3,33 m de longo. Tiña un adaptador de acoplamento nun dos extremos e un sistema de comunicacións, control e comando a bordo, así como luces de posición.
Tras o lanzamento, o ATDA foi posto nunha órbita circular de 304 km de altura. A telemetría indicou que a a cofia separarase pero non fora exectada. Os astronautas da Gemini 9 confirmárono, con Tom Stafford describindoo como parecendo un aligátor enfadado. Análises posteriores descubriron que o problema foi a mala colocación de cordeis mal instalados na cofia.
A Gemini 9 achegouse ata 8 m do ATDA e aínda que se considerou a posibilidade de que os astronautas soltaran a cofia a man finalmente desbotouse por demasiado perigosa. Os plans de voo modificáronse para que a Gemin 9 fixera dúas manobras máis de cita co ATDA antes de volver a terra. O ATDA en si reentrou na atmosfera o 11 de xullo de 1966.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Atlas SLV-3 Gemini 9
Categoría:Satélites artificiais Categoría:Programa Gemini