Elnosa (acrónimo de Electroquímica del Noroeste, SAU) é unha empresa química galega adicada á produción de cloro e os seus derivados.

Historia

A orixe da empresa está na instalación de Ence na papeleira de Pontevedra para producir pasta de papel e o seu branqueo con cloro. A química produce cloro empregando sal (NaCl) con tecnoloxía baseada en mercurio. A nova tecnoloxía esixida pola UE para este sector denominada de membrana impide empregar mercurio dende xaneiro de 2018."La Xunta concede la autorización ambiental a Elnosa para iniciar su proyecto de reconversión sin mercurio" , Cadena Ser, 11 de decembro de 2017 . A empresa anunciou o seu peche para o 29 de xullo de 2018 ao caducar a súa licenza na ría de Pontevedra.

Certificacións

Membro de Euro Chlor, ANE e FEIQUE (Federación Empresarial da Industria Química Española) Responsible Care dende 1999 Certificación ISO 14001 dende 2001 Certificación ISO 9001 dende 2003

Notas

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Empresas químicas Categoría:Pontevedra