Robert "Bob" Corteen Carswell, nado 1950‘Manannan’s Cloak – a bilingual anthology of Manx Literature’, biografía en Francis Boutle Publishers é un escritor, presentador de radio e activista da lingua manx, galardoado en 2013 co premio da Manx Heritage Foundation Reih Bleeaney Vanannan polas súas contribucións á cultura manx. Ostenta o posto cerimonial de Yn Lhaihder."Bob Carswell RBV is new Yn Lhaihder" Tynwald, 7 de xaneiro de 2013
Traxectoria Bob Carswell entrou en contacto pola primeira volta co manx a través da lectura, o clásico os textos clásicos First Lessons in Manx de Edmund Goodwin mais unha edición de 1775 Conaant Noa (Novo Testamento). A principios da década de 1970 converteuse en socio e logo directivo da sociedade para a promoción da lingua manx, Yn Çheshaght Ghailckagh.Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature Robert Corteen Carswell, Francis Boutle Publishers, Londres, 2010, p.184 Grazas ao labor nesta asociación entrou en contacto co mundo da radio a finais da década de 1970 ao se facer cargo voluntariamente dun espazo semanal de 15 minutos que Manx Radio lle concedeu a difusións en lingua manx. As súas achegas incluían novas e comentarios, así como tamén históricas cómicas, pequenas pezas teatrais e documentais. Con posterioridade entrou a formar parte do Gaelic Broadcasting Committee, ademais está considerado unha das voces máis importantes da radiodifusión en manx. Presenta os programas semanais en manx Claare ny Gael, espazo no que difunde a vida e mais a cultura en manx, a través da riqueza das tradicións e da música", Traa dy Liooar e mais o bilingüe Shiaght Laa.Bob Carswell en Manx Radio
Literatura miniatura|Portada de Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature A súa contribución á literatura manx é especialmente significativa. Escribiu a columna Cree ny Cooish no semanario Isle of Man Weekly Times entre 1982 e 1984 e tamén escribiu outra columna na revista, FRITLAG entre 1983 e 1987Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature by Robert Corteen Carswell, Francis Boutle Publishers, Londres, 2010, p. 208 e mais tamén escribiu poemas e outras pezas literarias para diferentes publicacións e eventos como o festival cultural Yn Chruinnaght. Ademais publicou os libros de poemas Shelg yn Drane (1994) e Arraneyn 'sy Ghaelg (1996).Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature by Robert Corteen Carswell, Francis Boutle Publishers, Londres, 2010, p. 216
Carswell está considerado a principal autoridade en literatura manx. En 2010 editou a escolma Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature. O libro recolle a literatura manx dende os seus primeiros rexistros ata a época actual, comentando os extractos bilingües para situalos no contexto da historia da illa. O libro é a primeira recolleita de todas as épocas da literatura manx e como tal é unha contribución de primeira orde para a cultura e identidade local.
Música Bob Carswell tamén mantivo unha importante relación coa música manx, tanto como letrista como bailarín e músico, e tamén a través do seu traballo voluntario para a Manx Heritage Foundation. Diversos grupos locais arranxaron e gravaron as súas cancións, entre os máis significativos están Mollag Band, Caarjyn Cooidjagh e Barrule, alén de recibir a encarga de escribir novas cancións para as escolas primarias da illa. Como bailarín actuou con Manx Folk Dance Society, Bock Yuan Fannee, Bock Bane e Calor Gas Ceilidh Band.
Ensino miniatura|Bunscoill Ghaelgagh En 1983 Bob Carswell comezou a investigar na tradición popular, a revisar e elaborar contos e rimas para o xardín de infancia en manx que levaba a súa primeira esposa, Peg. Desde 2006 traballou como tradutor e creador de recursos lingüísticos para Bunscoill Ghaelgagh. e mais para Unnid Gaelgagh.
Notas
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Escritores en lingua manx Categoría:Personalidades da Illa de Man Categoría:Nados na Illa de Man Categoría:Personalidades da radio Categoría:Activistas pola normalización lingüística Categoría:Letristas Categoría:Bailaríns