Juan Ignacio Pardo Suárez, nado en Palma o 11 de novembro de 1942, é un cantante galego de orixe mallorquina, máis coñecido como Juan Pardo.

Primeiros anos Aínda que é mallorquín de nacemento, Juan Pardo criouse en Ferrol. O seu pai, almirante da Armada, quería que Juan ingresase na Escola Naval, mais rexeitárono porque é daltónico. Estudou no colexo Tirso de Molina, dos padres mercedarios, en Ferrol.

Matrimonio e fillos Estivo casado coa cubana Emy de la Cal (1970-1983), con quen tivo dúas fillas: Teba Pardo (nada en 1971) e Lys Pardo (nada en 1975).

Traxectoria A súa carreira profesional comezou nos Vándalos. Logo formou parte do grupo Los Pekenikes (1963). Máis tarde foi cantante en Los Brincos (1965). Aquí coñeceu a Antonio Morales, que 2 anos máis tarde marcharon do grupo e formaron o dúo Juan y Junior.

As súas discrepancias con Junior levaron á disolución do grupo comezando a súa carreira en solitario en 1969. Ninguén logrou superalo na lista de éxitos dese ano con "La charanga". Ten cancións en galego.

Juan Pardo dedicou unha gravación enteira á literatura galega no disco titulado Galicia, miña nai dos dous mares. Tendo en conta que se editou nunha época tan convulsa como mediados dos setenta, o traballo sorprendía pola claridade temática de cancións como "A fala e falade galego", baseado nunha poesía de Eduardo Pondal, "Na morte de Castelao" con versos de Ramón Cabanillas e incluso unha versión do Himno galego. Moi diferente dos seus inicios como estrela do pop estatal.

Varios cantantes de fala hispana gravaron os seus éxitos, como a española Rocío Jurado (coa que gravou a dúo, a súa canción "¿Por que me habrás besado?"), Yolanda Del Río, Manolo Galván etc. Entre as súas cancións, atópanse: "Abrazadito a la luna", "Gallo de pelea" ou "Anduriña". Ademais de cantante, é produtor e compositor.

Discografía Juan Pardo y su conjunto (1962-1963) Ayer, ahora es hoy (1969) La charanga (con Junior) (1969) Juan Pardo (1969) Soledades (1970) Juan & Andee (1971) Natural (1972) My guitar (1973) Rareza en forma de 45 rpm (1973) Conversaciones with myself (1974) Hotel Tobazo (1975) Calypso Joe (1975) Cuando te enamores (1976) Galicia, miña nai dos dous mares (1976) Amor mío (1977) Grandes éxitos (1978) Juan mucho más Juan (1981) Bravo por la música (1982) La niña y el mar (1983) Un sorbito de champagne (1984) Pardo por la música (1985) Qué tienes en la cama (1986) Mírame de frente (1987) Oro compacto (1987) Gallo de pelea (1989) Uno, está solo (1990) Me compré unas alas (1991) Sinceramente Juan (1992) La niña y el mar (1993) Año nuevo (1995) Pardo por la música (1996) Simplemente lo mejor (1996) Alma galega (1997) En vivo (1997) Pasión por la vida (1999) Trigeneración (2001) Lúa chea (2004)

Singles La charanga (1969) Toros en México (1969) Meu ben dorme (1970) A Marián niña (1971) Cuando te enamores (1971) Un año más (1971) Adiós a Mariquiña' (1973) Conversaciones (1974) Autorretrato (1975) Eso le ha pasado a todos (1977) A tus pies madame (1977) María Magdalena (1978) Amar después de amar (1980) No me hables (1981) Sin ti (1981) Hasta mañana (1982) Hay que ver (1982) Ahora que no estás (1983) Caballo de batalla (1983) Cazador (1984) Ninna (1984) Por favor, un favor (1984) Ciudadanos del mundo (1985) Que peligro tiene (1985) Dos locos (1986) No me hables (en vivo) (1986) Otra vez (1986) Mírame de frente (1987) Gallo de pelea (1989) Que yo deje de quererte (1991) Yo te olvidaré (1992) Bravo por la música'' (1997)

Galardóns 1993: Medalla de Prata de Galicia 2023: Medalla de Galicia.

Notas

Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados en 1942 Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Medalla de Ouro de Galicia