Kimitoön (en finés Kemiönsaari) é un municipio de Finlandia situado na rexión de Finlandia Propia. O concello está situado no mar do Arquipélago e foi fundado en 2009 logo da fusión dos concellos de Dragsfjärd, Kimito e Västanfjärd. En 2018 a súa poboación era de 6 758 habitantes. A superficie do termo municipal é de 2 800,99 km2, dos cales 2 114,04nbsp;km2 son auga. O concello ten unha densidade de poboación de 9,84 hab./km².

Limita cos municipios de Salo, Sauvo, Pargas, Hanko e Raseborg estes dous últimos na rexión de Uusimaa.

O concello é bilingüe con maioría de fala sueca e minoría finesa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de municipios de Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial

Ligazóns externas Sitio web de Kimitoön

Categoría:Municipios de Finlandia Propia