Azza Soliman (en ), nada en 1968, é unha avogada e militante dos dereitos das mulleres exipcias. Fundou o Centre for Egyptian Women's Legal Assistance. Soliman foi arrestada e perseguida en varias ocasións. No 2015 testificou no caso de morte da poetisa Shaimaa al-Sabbagh, asasinada pola policía exipcia nunha manifestación no Cairo. Soliman foi obxecto de vingazas e de medidas financeiras.

Traxectoria Naceu no 1968, nunha familia de cinco irmás mulleres, e estudou porque foi empuxada polo seu pai. Nunca se lle obrigou a levar hijab. Xa avogada, é unha das personalidades que loita polos dereitos humanos en Exipto. No 1995 funda o Centre for Egyptian Women's Legal Assistance (CEWLA), e dende 1997, o CEWLA pon en marcha programas de formación e de sensibilización xurídica sobre a cuestión da igualdade de sexos. Esta organización non gobernamental leva tamén estudos, organiza eventos sobre violencia contra as mulleres, os crimes de honor, a circuncisión, o khul, as novas interpretación xurídicas da xaria e o status dos cristiáns.

Dende o 2010, a situación social e política mellora tras a revolucón exipcia de 2011. Os cambios foron nos estamentos máis altos do Estado, e dificúltase ás mulleres participar nos movementos nas rúas, o cal reflicte o acoso que as mulleres estaban sufrindo.

No 2015, Soliman foi testemuña dun ataque por policías enmascarados nunha manifestación pacífica que conmemoraba o cuarto aniversario do movemento do 25 de xaneiro de 2011 ("xornada da cólera"). Tras observar polos seus propios ollos a morta, regresa voluntariamente ao despacho do Fiscal para testemuñar sobre a mesma de Shaima al-Sabbagh, de 31 anos. Soliman quéixase e acusa ao ministro do Interior e ás forzas de seguridade. Ao final do seu testemuño, o fiscal interroga e informa que tamén presenta unha queixa contra ela por "reunión ilegal" e "participación nunha manifestación de seguridade pública". No 2015 foi acusada por "protestas non autorizadas" e "violación da seguridade e orde pública". O 23 de maio de 2015, o Tribunal resolveu os cargos na súa contra, unha sentenza confirmada en outubro do mesmo ano polo Tribunal de Apelacións, a Corte apelou a primeira decisión.

No 2016, mentres Soliman planeaba viaxar a Xordania para recibir unha información en dereitos das mulleres no islam, a policía do aeroporto prohíbelle abandonar o territorio. Un tempo despois, entérase de que o seu banco conxelara as súas contas e as do seu bufete. Máis tarde foi detida e acusada de caer baixo unha nova lei sobre a organizacións non gobernamentais, que prohibe que estas ONX'S reciban subvencións do exterior. Organízase un movemento de solidariedade para axudala.

En abril de 2018 Azza Soliman recibe o Premio Pedro de Lemonauria, creado polo Colexio da Avogacía de Biscaia para distinguir entre persoas, colectivos ou institucións que testifican o seu compromiso en defensa da Xustiza e a promoción dos seus valores.

Notas

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Exipto Categoría:Avogados