Miriam Beizana Vigo, nada na Coruña o 20 de agosto de 1990, é unha escritora e galega en lingua castelá e crítica literaria.

Traxectoria

Naceu na Coruña, pero pasou a súa infancia en Carballo. Traballa na administración orientada ao sector industrial, aínda que leva escribindo desde moi nova. A súa primeira novela, Marafariña, en parte autobiográfica, conta a historia de amor entre Ruth, unha nova Testemuña de Xehová e Olga, unha moza catalá que chega á aldea na que reside a primeira; esta novela ten unha secuela, Inflorescencia, publicada 3 anos máis tarde. Todas las horas mueren é unha novela curta que, na ficción, foi escrita por Olga a partir dunhas páxinas que comezou a súa nai. Finalmente, escribiu un ensaio sobre o cantante de pop Tino Casal.

Aínda que na súa obra sempre dá protagonismo ás mulleres (xeralmente lesbianas), rexeita a etiqueta de novelas lésbicas dado que non son exclusivas de persoas LGTBI. En palabras da autora:

Entre as súas influencias están Fannie Flagg, Virginia Woolf, Carmen Laforet, Rosa Montero e Ana María Matute. Colabora realizando críticas literarias en La Voz de Galicia e na web Café Librería, e realiza artigos no portal de difusión e visibilidade LGTB Hay una lesbiana en mi sopa. Tamén publicou varios relatos, tanto de forma particular como formando parte de antoloxías, como Asalto a Oz ou Misteria I (esta última tras quedar finalista no premio do mesmo nome).

En 2019, publicou xunto a Maite Mosconi a súa primeira obra infantil (e a primeira en lingua galega), Guerreiras de lenda, que inclúe contos e poemas (baseados en lendas reais) e diversas actividades interactivas.

En 2020 publicouse a súa cuarta novela, La herida de la literatura, a primeira co apoio dunha editorial. En 2024 publicou de novo en galego (con Xerais) a súa obra A soidade das nenas. Nunha entrevista, anunciou que vai tratar de novo o fanatismo relixioso nunha futura novela.

Premios e recoñecementos 2º Premio no XI Certame de Contos Interculturais (polo relato El Tren)

Obras Novelas

Relatos

Ensaio

Libros colectivos . . . .

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Feministas de Galicia