A baía Botany (en ) é unha enseada do océano Pacífico Sur situada na costa sueste de Australia. Administrativamente, pertence ó estado de Nova Gales do Sur.
Atópase ó sur de Sydney ó saír de Port Jackson e conta con preto de dez quilómetros de extensión. As súas costas están rodeadas polos suburbios de Sydney.
Historia A baía foi o escenario do primeiro desembarco de europeos en Australia, ocorrido en 1770, cando arribou a ela o capitán James Cook; este deulle o nome de «Botany» (Botánica) pola súa gran variedade de plantas.
Botany foi elixida en 1787 como a localización para unha colonia penal. Porén a baía foi descartada á chegada dos colonos ó lugar, realizándose o asentamento en Port Jackson.
Notas
Categoría:Xeografía de Australia