Desígnase usualmente co nome de Xeógrafos gregos menores (Geographi Graeci Minores) aos xeógrafos gregos que non fixeron máis que periplos ou monografías, dos cales non nos quedan senón fragmentos pouco extensos; tales son: Hannón de Cartago, Escílax de Carianda, Isidoro de Cárax, Artemidoro, Agatemero, Arriano, Marciano de Heraclea, etc. A colección das súas obras foi publicada por David Hoeschel (Augsburgo 1600, en 8ª); J. Gronovio, (Leida 1697, en 4ª); J. Hudson (1698-1712, 4 tomos en 8ª); Mr. Gail emprendeu unha nova edición que non chegou a concluírse; en 1839, Mr. Millar engadiu a elas un suplemento (París).
Chámase por oposición grandes xeógrafos a Estrabón, Pausanias, Ptolomeo e Estevo de Bizancio.
Tal é a definición no Volume 3 do Dicionario universal de Historia e de Xeografía, que data de 1853. O concepto xeral non variou até o momento.
«Geographi Graeci Minores» de Karl Müller A obra máis importante, que compilou textos de 26 autores gregos e bizantinos, traducidos ao latín e cunha rigorosa crítica textual, é a de Karl Müller (Carolus Mullerus): «Geographi Graeci Minores». O prefacio escribiuno Müller en abril de 1853 (p. I a VII). No prolegómeno (p. IX a CXXXVII), describe os códices, os seus estema e as fontes de cada un dos escritos traducidos. Logo vén unha sección “Addenda et corrigenda” (Agregados e correccións) (p. CXXXVII a CXLV). As tres seccións mencionadas están escritas por Müller en latín. A partir de alí, cando o orixinal está en grego, comeza a tradución a dúas columnas, á esquerda a transcrición do orixinal grego, e á dereita a tradución ao latín. Os autores cuxos escritos foron transcritos por Müller son os seguintes: +Tomo I – Editado en 1855, ten 576 páxinas. Título Tradución Autor Hannonis Carthaginienses Periplos Periplo de Hannón de CartagoHannón de Cartago Scylacis, ut Fertur, Periplos Periplo atribuído a Scílax Escílax de Carianda Dicearchi, ut Fertur, Periegesis Periéxese atribuída a Dicearco Dicearco de Mesina Agatharchidis de Mari Erythraeo Libri Libro do Mar de Eritreo de Agatárquidas Agatárquidas Scymni Chii, ut Fertur, Periegesis Periéxese atribuída a Escimno de Quíos Escimno de Quíos Dionysh Calliphontis F. Periegesis Periéxese de Dionisio, fillo de Califonte Dionisio de Califonte Isidori Characeni Mansións Parthicae "Etapas Párticas" de Isidoro de Cárax Isidoro de Cárax Anonymi Periplus Maris Erithreaei Periplo anónimo do Mar Eritreo Anónimo Arriani Indica et Ponti Periplus Índica e Periplo do Ponto de Arriano Flavio Arriano Anonymi Periplus Ponti EuxiniGonzález Ponce, Francisco J.; "Periplografía griega de época imperial", Universidad de Sevilla; Universidad de La Rioja, Habis, ISSN 0210-7694, Nº 33, 2002 , pp. 564, 565. Periplo anónimo do Ponto Euxino Anónimo Anonymi Stadiasmus Maris Magni Estadiasmo ou Periplo anónimo do Mar Grande Anónimo Marciani Heracleencis Peripli Periplo de Marciano de Heraclea Marciano de Heraclea
+Tomo II - Editado en 1861.
Do mesmo xeito que o Tomo I, presenta un prolegómeno con detallada discusión das fontes (p. I a LVII). Ten 667 páxinas. Título Tradución Autor Dionysii Anaplus Bospori Viaxe remontando o Bósforo, de DionisioDionisio de Bizancio Dionysii Periegesis Periéxese de DionisioDionisio Periexeta Avieni Paraphrasis Paráfrase de Avieno Rufo Festo Avieno Prisciani Paraphrasis Paráfrase de Prisciano Priscianus Caesariensis Eustathii Commentarii Comentarios de Eustacio Eustacio de Tesalónica Anonymi Paraphrasis Paráfrase de autor anónimo Anónimo Scholia in Dionyssium Escolios a Dionisio Dionisio Periexeta Nicephori Geographia Xeografía de Nicéforo Nicéforo Grégoras Agathemeri Geographia Xeografía de Agatemero Agatemero Anonymi Geographia Xeografía anónima (1) Anónimo Anonymi Geographia Xeografía anónima (2) Anónimo Anonymi Orbis Descriptio Descrición do mundo anónima Anónimo Chrestomathia Straboniana Crestomatías de Estrabón Estrabón Pseudoplutarchi Liber de Fluvius Libro “Sobre os ríos” do Pseudo-Plutarco Pseudo-Plutarco Hai unha 2ª e 3ª reimpresión: G. Olms, 1965 e 1990.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Epigrafía Categoría:Filoloxía Categoría:Historiografía Categoría:Manuscritos Categoría:Paleografía